InicioSociedadeO violador de Augas Férreas recoñece os feitos e acepta seis anos...

O violador de Augas Férreas recoñece os feitos e acepta seis anos e medio de cárcere

O acusado enfrontábase a unha posible condena de once anos de prisión. Na vista oral do xuízo, pediu perdón ás vítimas ás que agrediu sexualmente hai tres anos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O rapaz acusado de agredir sexualmente unha muller e intentalo con outra nun edificio de Augas Férreas recoñeceu os feitos no xuízo e aceptou a condena —rebaixada— de seis anos e medio de cárcere.

O coñecido como ‘violador de Augas Férreaspediu perdón ás vítimas na vista oral celebrada este luns na Audiencia Provincial de Lugo. O procesado admitiu os feitos grazas a un acordo entre o fiscal, a acusación particular e a súa defensa, algo que lle permitiu rebaixar a pena de prisión que pedía inicialmente a Fiscalía (once anos de cárcere por un delito de agresión sexual e outro en grao de tentativa).

Para esa rebaixa, tanto o ministerio público como a acusación particular tiveron en conta a atenuante de dilacións indebidas e de reparación do dano, dado que o acusado xa indemnizou con 9.000 euros á vítima da agresión sexual e comprometeuse a indemnizar á segunda con 2.000 euros polas lesións e danos morais.

Ademais da pena de cárcere, tamén aceptou permanecer durante oito anos en liberdade vixiada, unha vez cumprida a condena de reclusión.

OS FEITOS

Os feitos cos que se relaciona sucederon entre setembro e outubro de 2016, cando o procesado, que traballara como instalador de fibra óptica nesa zona de Lugo, aproveitou o coñecemento que tiña dos edificios do barrio para esperar á súa vítima no portal dun inmoble, onde a abordou para metela á forza no ascensor. Tras ameazala de morte para que non gritase, levouna ao cuarto de contadores do edificio, situado na primeira planta do garaxe comunitario, onde consumou a agresión sexual.

Posteriormente, de novo no mesmo barrio de Lugo, o procesado abordou unha segunda vítima de madrugada, tamén no portal dun edificio que coñecía grazas ao seu labor como instalador de fibrra óptica.

Con todo, neste caso, a vítima logrou escapar polas escaleiras do edificio, forcexeou e conseguiu gritar para avisar ao seu marido, que estaba na casa. O procesado, que “temeu ser descuberto”, acabara marchando do lugar.

Ambas vítimas foron declaradas testemuñas protexidas canda a outra terceira muller, que vira o sospeitoso agochado tras unha columna cando ela regresaba á casa de madrugada.

O acusado atópase en prisión provisional por esta causa desde o 3 de xullo de 2018. EFE

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...