InicioSociedadePilar de Lara deixou "preto de 24 causas" sen resolver sobre corrupción...

Pilar de Lara deixou “preto de 24 causas” sen resolver sobre corrupción política e policial

"Non é unha xuíza que leve casos normais", destacou o seu avogado, quen precisou que a maxistrada reduciu o número de causas dende as oitenta ata a vintena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xuíza do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, deixou “preto de 24 causas” sen resolver, na súa maioría sobre macroprocesos contra a corrupción política e policial. 

Así o constatou este xoves o seu avogado, Agustín Azparren, quen precisou que, dun volume de 80, a xuíza cesada por “dilacións indebidas” deixou sen resolver unhas 24 causas.

O avogado da maxistrada explicou que “a historia do expediente” polo que De Lara foi cesada durante sete meses e un día e que a levou á perda de destino “iniciouse pola inspección” dos procesos dos que se facía cargo.  Nomeouse a un xuíz de apoio para esta inspección e concluíuse que “despois dun seguimento de dous anos” —que o avogado nega “que existise”— o proceso determina que De Lara “segue coas mesmas causas”. “Encárgase de 80” e despois de dous anos “segue habendo as mesmas, sobre 77 ou 78”.

Ao longo do expediente “demóstrase” que había “un erro”, pero “non se modifica a sanción”, segundo apunta Azparren. “Agora conseguiu reducilas a 24 e nalgunha delas foi recusada”, engadiu.

TRIBUNAL EUROPEO DE DEREITOS HUMANOS

Por todo isto, considera “dura” a condena imposta a Pilar de Lara. Precisou que o Consello Xeral do Poder Xudicial “sanciona a 15 ou 20 xuíces ao longo dun ano”; en seis anos “imporía sobre 60 ou 70 sancións”. “Por este tipo de faltas prodúcense sobre catro” perdas de destino, engade. Así, critica que a da xuíza “sexa das máximas sancións impostas por este Consello e polos anteriores”.

Desde esta perspectiva, Azparren non dubidou en afirmar que De Lara está disposta a “esgotar todas as instancias” do poder xudicial. Aínda pendente do recurso ante o Tribunal Supremo, non descarta que o seu caso sexa un suposto “perfecto” para o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.

“Non é unha xuíza que leve casos normais, era unha xuíza que se dedicaba a perseguir delitos de corrupción política e corrupción policial”, destacou Azparren. Por iso alude ao Grupo Europeo de Xuíces contra Corrupción, que se integra no Consello de Europa, e que di que “non se loita contra a corrupción de igual maneira cando o Consello Xeral do Poder Xudicial está nomeado polo Parlamento e non polos xuíces”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...