InicioSociedade112 operarios e 64 máquinas para o dispositivo de seguridade na rede...

112 operarios e 64 máquinas para o dispositivo de seguridade na rede viaria provincial este inverno

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou este martes en Pedrafita do Cebreiro o Plan de Viabilidade Invernal despregado para esta tempada, no que participarán 112 operarios e 64 máquinas.

Durante a presentación, José Tomé resaltou a importancia de contar cun protocolo destas características para “facerlle fronte coa maior rapidez e eficacia posible aos incidentes que se poidan producir na rede viaria provincial” durante o inverno, tratando de “garantir a comodidade e seguridade dos usuarios fronte a episodios de meteoroloxía adversa”.

O titular da Administración provincial detallou que, xunto cos recursos propios da Deputación, no Plan de Viabilidade Invernal traballarán sete empresas cunha “ampla experiencia na resolución de incidentes viarios causados pola neve e o xeo”. En concreto, explicou que o dispositivo está composto por 112 operarios e 64 máquinas, ademais de 12 silos distribuídos por toda a provincia con 420 toneladas de sal de mina.

O Plan Invernal divídese en 8 zonas, todas dotadas con medios suficientes para facer fronte “coas maiores garantías posibles” ás emerxencias que poidan xurdir. “A rede viaria provincial é a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros de estradas e, deles, a metade están situados a máis de 600 metros de altitude sobre o nivel do mar, co que iso supón de maior incidencia das inclemencias meteorolóxicas”, dixo o presidente.

Durante a tempada pasada, o operativo realizou máis de 600 intervencións, tanto preventivas como paliativas, o que supón un aumento do 600% con respecto á tempada anterior.

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home tras un roubo con violencia

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home, veciño da cidade, como...

Xulgan a unha muller que se apropiou de 37.500 euros dun cliente que contrataba os seus servizos sexuais

Unha muller sentará no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Lugo a próxima...

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...