InicioSociedadeO Campus de Lugo ofrecerá un novo máster en alimentación e nutrición...

O Campus de Lugo ofrecerá un novo máster en alimentación e nutrición de mascotas

Pretende cubrir a necesidade de especialización neste ámbito, un dos que máis o require.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fundación Rof Codina e a Facultade de Veterinaria do campus de Lugo (USC) amplían a súa oferta formativa cara ao próximo curso 2019-20 cun máster en alimentación e nutrición animal. Trátase dun posgrao orientado a capacitar os profesionais do sector tanto en labores de clínica asistencial como na industria de alimentación de mascotas.

Baixo a denominación de ‘Fisioloxía e nutrición de pequenos animais’, este máster é unha posta da USC para atender as necesidades de especialización dos servizos veterinarios. O director do grao explica que se responde así a unha demanda social que implica a busca deste tipo de profesionais por parte das empresas do sector.  Neste senso, o catedrático de Fisioloxía da Facultade de Veterinaria da USC Luis Felipe de la Cruz Palomino, salienta que a nutrición das mascotas é un dos ámbitos de especialización máis puxantes na actualidade. 

PROGRAMA DO POSGRAO

O programa do máster, para o que se ofrecen 15 prazas e que se impartirá ao longo dun curso académico, está organizado arredor de nove módulos formativos. A temática abrangue cuestións como os principios xerais de nutrición, necesidades específicas de cans e gatos, procesos de fabricación de pensos e produtos de alimentación animal, control de calidade de alimentos, dietas, pautas alimentarias, alimentación fisiolóxica, nutrición clínica e perspectivas do mercado. Un traballo de fin de máster e un período de prácticas en empresas completan o programa deste máster propio da USC, que contará entre o seu cadro de docentes con profesorado da Facultade de Veterinaria da USC, facultativos/as do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina e profesionais de recoñecido prestixio do sector da nutrición de mascotas.

O prazo de pre inscrión neste posgrao permanecerá aberto na web da USC ata o 6 de setembro. O prazo de matrícula poderá formalizarse entre os días 16 e 20 do mesmo mes. As sesións formativas de carácter presencial desenvolveranse entre setembro deste ano e xuño de 2020 nas instalacións da Facultade de Veterinaria de Lugo e do hospital veterinario Rof Codina en dúas xornadas semanais, unha sesión de tarde, de luns a venres, e os sábados pola mañá.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...