O Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo (Colvet) leva semanas cheo de tensión. Un grupo de colexiados, reunidos na plataforma Colvet Lugo Democrático, denuncian o uso “partidista e persoalista” que deste órgano fai a súa presidenta, Ana María López Pombo.
Unha guerra que pode ter o seu desenlace o vindeiro 27 de xuño. Ese día, está cada unha asemblea ordinaria que comezará ás dúas e media da tarde dun día laborable, “un feito sen precedentes na historia do colexio”, di este colectivo critico que denuncia que “con esta manobra preténdese dificultar a asistencia e participación dos Colexiados”.
A gran maioría deles traballan dispersos por toda a provincia. “Co día e hora establecida, dificúltase a asistencia dos veterinarios que traballan na Mariña, Zona Sur, Montaña, etc. engaden e lembran que os funcionarios e contratados da administración rematarán a esa hora e a outros, con fillos, “torpedéase a conciliación familiar”.
LONGO CONFLICTO
A xestión da presidenta, Ana López Pombo, está a ser moi criticada pola súa falta de independencia política e falta de democracia transparencia. En xuño do ano pasado, despois de que Ana López Pombo enviase desde o Colexio a todos os colexiados unha carta con membrete do PP, partido do que é edil no Concello de Lugo, celebrouse unha Asemblea Ordinaria. Nesta asemblea xerouse unha gran polémica tras denegar quendas de palabra e negarse a contestar diversas preguntas que se lle expuxeron.
A xestión da presidenta, Ana López Pombo, está a ser moi criticada pola súa falta de independencia política e falta de democracia transparencia. En xuño do ano pasado, despois de que Ana López Pombo enviase desde o Colexio a todos os colexiados unha carta con membrete do PP, partido do que é edil no Concello de Lugo, celebrouse unha Asemblea Ordinaria. Nesta asemblea xerouse unha gran polémica tras denegar quendas de palabra e negarse a contestar diversas preguntas que se lle expuxeron.
Na seguinte asemblea (Decembro de 2017), cunha gran asistencia de veterinarios, os colexiados non aprobaron a acta da asemblea anterior por non recoller todas as irregularidades que se produciron e tampouco aprobaron os orzamentos presentados pola presidenta para o 2018, polo que o colexio debe funcionar cuns orzamentos prorrogados.
INCOMPATIBILIDADES POLÍTICAS
Estes problemas provocaron a dimisión de tres membros da Xunta de Goberno. En xaneiro celebráronse eleccións parciais nas que resultaron elixidos por ampla maioría o tres membros da candidatura Colvet Lugo Democratico, que se opón a Ana López Pombo, e preconiza a celebración de eleccións e a incompatibilidade entre postos políticos e cargos directivos no Colexio.
Ante esta situación, os colexiados presentaron firmas en número suficiente para que se convoque unha votación para debater unha moción de censura e cesar a Ana López Pombo. A presidenta negouse a convocar a votación ao considerar que as firmas dos veterinarios debían estar lexitimadas notarialmente, requisito que non está contemplado nos estatutos. Os solicitantes da moción presentaron un recurso ante o Consello Galego de Colexios Veterinarios (órgano de rango superior aos colexios provinciais, que dirixe á profesión a nivel autonómico) que fallou a favor da convocatoria da moción.
“Ana Pombo resístese a permitir a votación, que consideramos tería claramente un resultado adverso á súa continuidade”, apuntan os seus críticos que acusan á Presidenta de utilizar os medios do Colexio para defender os seus propios intereses, “difundindo comunicados a todos os colexiados na súa defensa, e negándose a transmitir a opinión do resto da Xunta de Goberno”. Este é parte do seu chamamento:
“FALTA DE RESPECTO”
“Isto é unha falta de respecto absoluto aos colexiados, e só se pretende dificultar a asistencia coa esperanza de que así a polémica sexa menor, e se aproben as contas que Ana López Pombo presentará”, engaden.
Por iso, Colvet Lugo Democrático fai un chamamento aos colexiados para que asistan, participen e voten na Asemblea, “aínda que isto suporá un elevado custo profesional e persoal para os veterinarios, que terán que abandonar as súas obrigacións profesionais e familiares”.