InicioSociedadeO obxectivo da Fonsagrada: fixar poboación para que non baixe o número...

O obxectivo da Fonsagrada: fixar poboación para que non baixe o número de nenos no colexio

O PP pide que se implanten políticas de apoio ás familias coma as que se aprobaron en Trabada, onde o Concello ofrece vivendas a cambio de empadronar cativos no municipio

PUBLICADA O

- Advertisement -

Fixar poboación no rural é un dos retos da actualidade. As estratexias para conseguilo van dende fomentar o emprendemento ata ofrecer vivendas gratis a cambio de empadroar os cativos no concello, como se vén de facer en Trabada. Algo semellante piden na Fonsagrada, onde o descenso de número de alumnos de infantil provoca un recorte no profesorado para o vindeiro curso.

Poñer en marcha “políticas de emprego e servizos que permitan conciliar a vida laboral e familiar” co obxectivo de “asentar poboación activa no concello” e, polo tanto, familias con nenas e nenos. Esa é a demanda que fai o PP da Fonsagrada, que alerta da citada situación no CEIP Plurilingüe Santa María: a redución de alumnado de entre 3 e 6 anos leva consigo a perda de dúas prazas de profesorado (unha de Educación Infantil e outra de apoio) o vindeiro curso.

Eses cambios no cadro de persoal do centro suporán, din, que “nunha mesma aula estean mesturados alumnos de dous cursos de Infantil, coas conseguintes consecuencias negativas para o seu rendemento académico”. Ademais, “outra das consecuencias será que se deixen de realizar os desdobres que se facían en cursos de Primaria”, engaden.

Daquela, a proposta dos populares vai na liña da iniciativa que botou a andar uns días da man do PSOE de Trabada. Propoñen “facilitar vivenda a todas aquelas familias con fillos que decidan traballar e vivir na Fonsagrada”. Visto o interese que espertou esta medida no concello mariñán, o PP suxire adoptala tamén para o caso da Fonsagrada.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...

Detido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local nocturno

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 42 anos de idade...

O queixo Don Crisanto, de Vilalba, coroado como o mellor de España en 2025

O queixo Don Crisanto, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, elaborado pola...