InicioSociedadeRematan as obras no cinturón comarcal do Corgo logo do afundimento da...

Rematan as obras no cinturón comarcal do Corgo logo do afundimento da ponte de Maceda

O tráfico queda restablecido para todo tipo de vehículos seis meses despois de que a LU-P-1611 se volvera impracticable neste punto. A Deputación destinou 300.000 euros para reparar o firme

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación finalizou as obras de reparación da estrada LU-P-1611 ao seu paso polo Corgo, onde se sufrira un afundimento do solo no mes de xaneiro. Así pois, queda restablecido o tráfico neste punto do cinturón comarcal -así se coñece esta vía-. Concretamente, trátase do tramo correspondente á ponte do río Maceda.

O presidente da Deputación en funcións, Darío Campos, supervisou as obras de emerxencia que se executaron no Corgo e para as cales o ente provincial destinou 300.000 euros. Os traballos desenvolvidos na ponte do río Maceda, no punto quilométrico 7.800, consistiron no corte e demolición do firme, a retirada do recheo e dos tubos e a construción de estribos e vigas, ademais da pavimentación. Por último, tamén se repuxo a sinalización e implantáronse novos sistemas de contención do vial, segundo sinalan dende a Deputación.

A LU-P-1611 sufrira un afundimento no mes de xaneiro “por mor do tráfico pesado” que soporta. A raíz diso, o departamento de Vías e Obras da Deputación redactou un proxecto para a súa mellora, coa condición de urxente. Seis meses despois do incidente, queda restablecido o tráfico nesta estrada provincial para todo tipo de vehículos. A Deputación afirma que conta con todas as garantías de seguridade para a súa circulación.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...