InicioSociedadeCondenado a 12 anos de cárcere o frade do Cebreiro que abusou...

Condenado a 12 anos de cárcere o frade do Cebreiro que abusou de dous menores

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sección 2ª da Audiencia Provincial de Lugo condenou a un frade que realizaba o seu labor no Cebreiro a doce anos de cárcere por cometer dous delitos de abuso sexual, un deles continuado, con prevalemento e acceso carnal, e outro delito continuado de utilización de menor para elaboración de material pornográfico.

O tribunal impúxolle ademais dez anos de liberdade vixiada e a prohibición de comunicarse e aproximarse a unha das vítimas durante doce anos, e, á outra, durante tres.

Os maxistrados consideran probado na sentenza que o imputado, entre 2014 e 2015, abusou sexualmente de dous menores, unha nena de 16 anos “cun coeficiente próximo a unha capacidade intelectual límite” e o seu primo, de 20 anos, que presenta “unha discapacidade intelectual leve que lle impide posuír un xuízo crítico”.

A Audiencia destaca que o condenado se prevaleu “dunha situación de superioridade manifesta que lle daba a súa condición de relixioso e a precaria situación persoal, familiar e económica da menor”.

ÚLTIMAS

San Froilán 2025 amplía o seu cartel con novos artistas nacionais e internacionais

A área de Cultura do Concello de Lugo fixo pública esta mañá de luns...

Un peregrino ebrio acaba ferido nun bar de Sarria tras romper un cristal coa cabeza

Un peregrino de nacionalidade inglesa resultou ferido na tarde do domingo en Sarria despois...

A Deputación de Lugo triplica o orzamento das axudas do programa ‘O que non arde’

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo acaba de abrir un novo prazo para...

O PP de Lugo acusa o goberno local de atrasar 214 días un expediente sancionador contra o Pub Las Palmeras

O grupo municipal do Partido Popular volveu reclamar este luns ao Goberno local unha solución...