InicioLugo e contornaLugoConfirmada a pena de 23 anos de cárcere a un home que...

Confirmada a pena de 23 anos de cárcere a un home que violou e maltratou a súa muller en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de 23 anos e dez meses de cárcere e dez anos de liberdade vixiada para un acusado de maltratar á súa muller e violala en Lugo.

Segundo informou o TSXG, o alto tribunal rexeitou os recursos interpostos pola defensa do procesado e pola acusación particular e ratificou a sentenza da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo. O fallo considera acreditado que o condenado violou en dúas ocasións a súa muller, á que esixía diñeiro para comprar droga.

Ademais, o tribunal relata que a sometía a “continuos episodios de violencia” e que a ameazaba con facerlle dano ás súas dúas fillas, non deixalas saír e “matalos a todos”. O tribunal considerouno culpable de delitos de malos tratos habituais, agresión sexual, lesións leves e coaccións.

Nunha ocasión, segundo a sentenza, agrediu á súa filla maior, á que chegou a arrincar un guecho de pelo cando trataba de defender á súa nai. O sospeitoso tamén foi condenado á prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima durante 26 anos e, ás súas fillas, durante catro e tres anos, respectivamente.

“Non cabe dúbida de que existe abundante proba que corrobora a realidade dos feitos sen que sexa preciso traer a colación máis proba da que xa foi valorada e que, en calquera caso, sería a defensa a que habería de mostrar elementos que permitisen descartar a versión ofrecida pola vítima e soportada por outros elementos probatorios”, indica o TSXG na sentenza, na que destaca a presenza de “restos físicos” que a violencia empregada polo procesado deixou sobre o corpo da vítima, así como de restos biolóxicos demostrativos da relación sexual.

En canto ás alegacións da acusación particular, o tribunal rexeita o castigo das ameazas proferidas “por integrarse dentro da situación creada polo acusado que foi constitutiva dun delito de malos tratos habituais”.

Así, explica que resulta aplicable “o principio de absorción, de tal modo que a situación de medo e inseguridade que as ameazas provocaron materializáronse nos malos tratos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

A Feira do Viño de Amandi reúne máis de 20 bodegas coa colaboración da Deputación

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...