Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa que “ás oito da maña doce pacientes esperan nos corredores e na sala de espera de urxencias do HULA por unha cama“. A maiores, “hai varios pacientes agardando por unha cama en Observación”.
Segundo sinalan estes profesionais, “esta situación é recorrente, un problema estrutural que arrastramos hai anos e que se agravou nos últimos tempos”.
O déficit de medios e de persoal, sumado á inexistencia dunha unidade intermedia de preingreso, “é a causa desta situación, inadmisible e insostible, que impide ofrecer aos pacientes unha asistencia sanitaria digna”.
Desta maneira, os e as celadoras queren “transmitir esta queixa dos pacientes e dos seus familiares, ante cuxa reivindicación asistimos impotentes”
