InicioCulturaO lucense-venezolano Simón Rodríguez gaña un concurso literario e o seu libro...

O lucense-venezolano Simón Rodríguez gaña un concurso literario e o seu libro será publicado

"A outra patria" do "Galego de Caracas" foi a gañadora do Concurso de Poesía "O Facho 2023" e a obra será publicada pola editorial Medulia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O cada día máis famoso @GalegoDeCaracas, Simón Rodríguez Landaeta, escritor e xestor cultural venezolano con raíces galegas e afincado en Lugo, ven de gañar o concurso de poesía “O Facho” na súa edición do 2023.

Simón chegou á cidade amurallada hai catro anos coas Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) para as e os descendentes de galegos, co primeiro obxectivo de estudar o Máster en Servizos Culturais do Campus Terra USC.

Agora, neste mes de maio, ven de acadar este premio que o anima e impulsa no seu percorrido como escritor.

“O xurado valorou a súa transparencia e interese pola comunicación, a temática do retornado con isotopías que desenvolve á maneira de puzzle, non exentas de pinceladas impresionistas con recendos ecolóxicos, baseadas na tradición, nos valores dos antergos e resoltas con fermosas imaxes”

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...