InicioSen categorizarLugo contará con mural para defender a liberdade de prensa

Lugo contará con mural para defender a liberdade de prensa

PUBLICADA O

- Advertisement -

As paredes de Lugo seguen a ser escollidas para os murais máis rechamantes e traballados do país. O derradeiro destes conxuntos pictóricos virá tras a iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en defensa dun mural a prol da liberdade  de expresión, as mulleres xornalistas e a igualdade de xénero na profesión; traballo que correrá ao cargo de Xoana Almar. O traballo vén en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Lugo e empeza a ser xa unha realidade sobre na parede circular dun dos edificios da antiga Frigsa, no lucense parque da Milagrosa.

Dende o CPXG explican que mural foi comezado este martes 3 con motivo da celebración do Día Internacional da Liberdade de Prensa. Segundo explican, a artista traballa nunha proposta fundamentada nun dos principos básicos do xornalismo que resume a profesión en tres accións: ir, ver e contar. “Ao tempo”, engaden, “visibiliza como as mulleres constitúen na actualidade a maior forza de traballo nas redaccións de todo o país e tamén a importancia de escoller voces e olladas femininas como fonte de información para reflectir axeitadamente a pluralidade do noso mundo”.

O proxecto encádrase na terceira edición do festival de arte urbano Culturban, organizado pola área de Cultura do Concello de Lugo e o Espazo Lupa Arte. O artista lucense Iago Eireos coordina este festival, que procura as interaccións entre as expresións creativas plásticas e o urbanismo a través de intervencións nos espazos públicos.

Xoana Almar, pola súa banda, formouse como ilustradora, economista e antropóloga. Estudou en Granada e alí comezou a traballar no eido da pintura a partir do 2008. No 2013 volveu a Galicia para constituír xunto a Miguel Peralta e Raquel Doallo a cooperativa Cestola na Cachola, onde traballa como muralista, pintora e ilustradora. No seu traballo hai influencias de diferentes nomes da pintura galega, tanto clásicos como actuais.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...