InicioSociedadeSeguen baixando os contaxios en Lugo aínda que se mantén a presión...

Seguen baixando os contaxios en Lugo aínda que se mantén a presión hospitalaria

Este luns houbo tan só 73 novos contaxios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia mantense por segunda xornada consecutiva por baixo do milleiro de contaxios de Covid-19 tras reducirse a 781, que supoñen 30 menos que o día anterior, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus aumentan lixeiramente a 345, catro máis. Pola súa banda, os casos activos descenden a 16.471, despois de reducirse nas sete áreas sanitarias, e a taxa de positividade cae a un 12%.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este martes con rexistros de ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas de Ferrol e Santiago de Compostela; pero aumenta lixeiramente na de Lugo, que reduce a sete os ingresados en UCI pola Covid –un menos– pero aumentan a 39 os doutras unidades –dous máis–.

MENOS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid manteñen a tendencia descendente por quinta xornada consecutiva e baixan 16.471, que representan 353 menos que o día anterior, ao haber de novo máis altas (1.133) que contaxios (781), ao que se suma un falecemento.

Con respecto a hai unha semana, Galicia conta con 2.300 casos activos de Covid-19 menos que os 18.771 rexistrados o pasado martes 3 de agosto. Por áreas sanitarias, os casos activos descenden nesta ocasión nas sete, e caen na de Lugo (-80) que queda con 1.834 casos.

CONTAXIOS EN DESCENSO

Tamén os novos contaxios de Covid-19 mantéñense por segunda xornada consecutiva por baixo do milleiro –cifra da que Galicia baixou o luns 2 de agosto por primeira vez desde o 20 de xullo, pero que superaba desde o mércores de novo– e redúcense a 781, que implican 30 menos que os 811 cos que arrincou esta semana e 56 menos que os 837 de fai sete días.

No conxunto de Galicia foron confirmados 790 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día, oito menos que o día anterior, dos cales 73 corresponden á de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...