InicioCulturaAs obras de Rosalía e de Manuel María inspiran 122 videopoemas creados...

As obras de Rosalía e de Manuel María inspiran 122 videopoemas creados pola rapazada

O certame organizado pola Casa-museo de Manuel María recibe propostas elaboradas por mozas e mozos de ensino non universitario a partir da ESO.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de 122 traballos foron presentados á IV edición do Concurso escolar de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, unha vez finalizado o prazo de entrega este pasado luns, 26 de abril. Esta cifra supera as tres edicións anteriores deste concurso anual que a Casa-Museo Manuel María puxo en marcha no ano 2017.

Os traballos presentados ao certame pertencen a centros escolares espallados por toda Galicia, en concreto ás localidades de Vigo, Gondomar, Ribadumia, Ourense, Ferrol, Guitiriz, Sarria, Burela, Rianxo, A Coruña, Palas de Rei, Rodeiro, Sanxenxo, Xanceda, Panxón, Noia, Milladoiro, A Guarda, Portas, Porriño, Carballo, Narón, Marín, Portas e Lugo.

O concurso ten como finalidade a potenciación da creatividade artística, a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra poética de Rosalía de Castro e Manuel María. Nel pode participar o alumnado do ensino non universitario, é dicir desde 1º da ESO até o Bacharelato, incluíndo Ciclos Formativos.

Agora o xurado realizará un traballo de selección para determinar os finalistas desta edición, sen que estea predeterminado un número concreto. Desta maneira, o día 15 de maio proxectaranse os vídeos finalistas na Casa-Museo, coa asistencia das persoas que os realizaron, e o xurado emitirá o seu ditame dos dous mellores videopoemas desta cuarta edición.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...