InicioSen categorizarUnións Agrarias insta á Xunta a corrixir o "tiro na caluga" a...

Unións Agrarias insta á Xunta a corrixir o “tiro na caluga” a explotacións de zonas desfavorecidas de montaña

A organización presentou unha denuncia ante a Comisión e solicitará unha reunión para negociar coa directora da mesma para a comunidade autónoma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unións Agrarias (UU.AA.) insta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a corrixir a “tolemia” e o “tiro na caluga” que supón para explotacións gandeiras de zonas desfavorecidas de montaña o feito de que, segundo asegura, existan partidas relativas ao plan de desenvolvemento rural que estean redirixidas en 2020, a cuestións como a roza de camiños e a loita contra os incendios.

A denuncia fíxoa o secretario xeral do sindicato, Roberto García, este venres nunha rolda de prensa na que advertiu de que cre “que se está a tempo” de dar marcha atrás neste “sinsentido”. A organización presentou unha denuncia ante a Comisión -este plan está financiado con fondos europeos- e solicitará unha reunión coa directora do mesmo para a comunidade autónoma.

Na súa comparecencia, García tamén chamou a atención sobre a necesidade de que haxa un “mediador” na negociación colectiva que se iniciará agora coa vista posta na renovación dos contratos lácteos a partir do 1 de marzo.

“DEBERES” AO GOBERNO

De feito, destacou que o último informe sobre a materia da Comisión Galega da Competencia con Francisco Hernández á fronte, “pon deberes” ao Goberno, critica que o recurso á corte central de arbitraxe é algo “imposto” pola industria e que “no 99% dos casos supón un custo superior á cantidade reclamada”. Por iso é polo que Unións vexa “lóxico” que se usen “sistemas públicos” de arbitraxe.

Tamén reclamou “condicionar as axudas ás empresas a estar ao corrente das débedas”, o cal “evitaría multitude de problemas” e chamou a atención sobre que o organismo galego de competencia rexeita por non ser “nin obxectivo nin non manipulable” o índice que emprega a industria e que en Galicia “impediu que subise o prezo” do leite.

ORGANIZACIÓNS DE PRODUTORES

Por último, o secretario xeral de UU.AA. aposta por “que se relaxen os requisitos”, como pretende a Xunta a través da lei de acompañamento aos orzamentos, para que haxa máis organizacións de produtores que Ulega, a impulsada por esta central. Tamén acusou ao Goberno galego de “comportamento sectario que prexudica a negociación colectiva” porque “prefire devolver axudas” para este tipo de organizacións “e non executalas” antes de entregalas, segundo afirmou, a un ente que ve próximo a Unións.

+ posts

ÚLTIMAS

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...