InicioSen categorizarNovos aeroxeradores mudan a paisaxe nos parques eólicos que ten en construción...

Novos aeroxeradores mudan a paisaxe nos parques eólicos que ten en construción en Lugo

Naturgy remata a súa instalación e montaxe nas provincias de Lugo e A Coruña, asociados á poxa de potencia renovable do Goberno en maio de 2017.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Naturgy informou este luns de que finalizou os traballos de instalación e montaxe dos 54 aeroxeradores que forman os seis parques eólicos que ten en construción nas provincias de Lugo e A Coruña, asociados á poxa de potencia renovable do Goberno en maio de 2017.

A compañía enerxética explicou que prosegue cos traballos vinculados ás infraestruturas de evacuación e a realización das probas para a posta en servizo do seis parques eólicos antes de final de ano.

Os seis proxectos eólicos (Pena Forcada-Catasol II, Mouriños, Monte Tourado-Eixe, Serra do Punago-Vacariza, Monciro e Pastoriza-Rodeiro), sumarán unha potencia de case 200 MW e producirán o consumo eléctrico anual de ao redor de 270.000 fogares, equivalente ao de case toda a provincia de Lugo.

A posta en marcha destes parques galegos permitirá ademais desprazar o uso doutras fontes de xeración eléctrica convencional, evitando a emisión dunhas 434.000 toneladas de CO2 anualmente á atmosfera e outros gases contaminantes de efecto invernadoiro.

Naturgy instalou en xaneiro deste ano o primeiro aeroxeradores dos seis parques eólicos en Pena Forcada-Catasol, situado no municipio coruñés de Laxe, e acaba de concluír a montaxe do último dun total de 54 aeroxeradores, no parque eólico de Monciro, nos municipios de Castroverde e Pol.

+ posts

ÚLTIMAS

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...