InicioSociedadeJosé Tomé, sobre a estrada de Momán: "Se cederon terreos na parte...

José Tomé, sobre a estrada de Momán: “Se cederon terreos na parte da Coruña, por que en Lugo non?”

Respecto da posibilidade de expropiar, explica que este expediente non foi concibido dese xeito e que facelo así a estas alturas "retrasaría moito" o proceso. "Se tivésemos os terreos, a obra empezaría inmediatamente".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación, José Tomé, pronunciouse este martes respecto do arranxo da estrada de Momán (Xermade), cuxa situación levou ao párroco do lugar a “invocar a Deus” para unha pronta solución. Tomé afirmou que o ente provincial desexa acometer as obras na LU-P-2204 “canto antes”, pero avisou de que fai falta que se cedan os terreos. “Se na parte da Coruña o fixeron, por que na de Lugo non?”, preguntouse.

“Deus ten moitas cousas que facer e os arquitectos utilízaos para outras cousas”, comentou con certo sarcasmo Tomé. Refírese á misa que celebrou o cura de Momán para pedirlle a Deus que mandase “arquitectos e aparelladores” para solucionar o “desastre” de vía provincial, chea de fochancas. “Eu creo que alguén ten interese en ser candidato nalgún sitio, pero non está indo polo camiño correcto, aínda que sexa divino”, manifestou José Tomé.

Comparou o tramo que pertence a Lugo con aqueloutro que é da Coruña, “moito máis pequeno” e que xa está amañado. “Alí parte do terreo é público e outra parte foi cedida”, apuntou. “A Deputación ten contratada a obra, ten o diñeiro retido; se mañá tivésemos os terreos, a obra empezaría inmediatamente”, asegurou. Por iso, insiste en apurar eses trámites que non dependen directamente da institución que el goberna.

POR QUE NON EXPROPIAR?

Respecto da posibilidade de tirar pola vía da expropiación, Tomé aclarou que este expediente non foi concibido dese xeito. “Nin na parte da Coruña nin na de Lugo”, dixo. Alí foi entendido como unha doazón de terreos, polo que considera que no tramo lucense debera ocorrer do mesmo xeito.

Para iniciar un proceso de expropiación, habería que volver a coller o expediente dende cero, “pero retrasariamos moitísimo”. “Se todos cumprimos, isto vai rápido”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...