InicioSen categorizarO secretario xeral do PSdeG en Lugo di que a imputación de...

O secretario xeral do PSdeG en Lugo di que a imputación de Campos vén dunha “operación” de Martínez

"Aquí non pasou máis nada que un dos últimos estertores dunha persoa que non soubo acomodarse na súa organización e que non soubo servir ao público desde a política, senón que pretendeu servirse do público a través da política”, resolveu Álvaro Santos.

PUBLICADA O

O secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, Álvaro Santos, asegurou este xoves que a imputación de Darío Campos por un suposto delito de prevaricación administrativa, en relación cunhas obras de saneamento nunha parroquia da Pontenova, non é máis que unha “operación” deseñada polo deputado non adscrito, Manuel Martínez.
“A operación está clara” xa que a persoa que denunciou “lamentablemente xa fora bastantes veces” antes por outros motivos, dado que é unha persoa coñecida por “todo o mundo”, asegurou. Nas súas declaracións, Álvaro Santos referíase ao controvertido empresario Eloy Castro, que ademais, é “irmán do candidato do partido de Manuel Martínez no concello de Meira”.
De feito, lembrou, é “Manolo Martínez quen fai pública esa toma de declaración a Darío Campos o próximo día 12”. Ao seu xuízo, está “ clarísimo” que é “unha operación” coa que se busca “entorpecer a campaña electoral e non hai absolutamente nada máis”. “Hai un procedemento escrupuloso, seguido polo Concello da Pontenova, e o xulgado pronunciarase sobre el.
“Aquí non pasou máis nada que un dos últimos estertores dunha persoa que non soubo acomodarse na súa organización e que non soubo servir ao público desde a política, senón que pretendeu servirse do público a través da política”, resolveu Santos. Desde o seu punto de vista, esta situación serve para definir “o que é Manolo Martínez”, sen “caretas” e como “el mesmo di, sen ataduras”. “Tivo a súa repercusión neste mandato, pero non vai darse outra situación igual”.

ÚLTIMAS

O campo galego pulsa o centro de Lugo e chama á folga cidadá este martes

Gandeiros e agricultores de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema iniciaron este luns a...

Lugo véndese en Fitur como a gran ‘Reserva Natural’ de Galicia

A Deputación de Lugo presenta esta semana en Fitur a oferta turística da provincia,...

Xuízo en Lugo polo intento de secuestro dunha menor de 14 anos en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro martes, a partir das 10.00 horas,...

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...