Home Lugo e contorna Lugo Maite Ferreiro, candidata do BNG ao Congreso por Lugo

Maite Ferreiro, candidata do BNG ao Congreso por Lugo

0
Maite Ferreiro, candidata do BNG ao Congreso por Lugo
O responsable local Lois Blanco, a concelleira Maite Ferreiro, Antón Bao e Álex Penas | Óscar Bernárdez

Maite Ferreiro será a cabeza da lista por Lugo do BNG ao Congreso dos Deputados. Así o aprobou o Consello Nacional do BNG este sábado, xunto coas demais candidaturas para as próximas eleccións xerais coas que os nacionalistas aspiran a recuperar a súa presenza no Congreso dos Deputados, que perderon en decembro de 2015 por primeira vez en 20 anos.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou de Maite Ferreiro a súa “forza e o talento dunha muller feminista”, ademais do seu labor como concelleira na cidade de Lugo.

Polo demais, o portavoz dos ’19 de Meirás’ (denunciados pola familia Franco por accións reivindicativas para reclamar a devolución ao patrimonio público de propiedades nas súas mans) e secretario xeral da UPG, Néstor Rego, será o cabeza de cartel do BNG pola Coruña; o avogado e ex-deputado no Parlamento galego Iago Tabarés, por Ourense, e Carme da Silva, por Pontevedra.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here