InicioLugo e contornaLugoAna Prieto e César Mogo perfílanse como cabezas de lista do PSdeG...

Ana Prieto e César Mogo perfílanse como cabezas de lista do PSdeG ao Congreso e o Senado por Lugo

Os dous nomes parten dunha proposta elaborada polas direccións galega e federal

PUBLICADA O

- Advertisement -

A primeira tenente de alcalde do Concello de Lugo, Ana Prieto, e o director de Asuntos Institucionais do presidente do Goberno, César Mogo, perfílanse como cabezas de lista do PSdeG ao Congreso e o Senado pola provincia de Lugo.

Diso informaron fontes socialistas, que destacaron a necesidade de apostar por “perfís fortes” en Lugo, tanto para obter “bos resultados” nas eleccións xerais como para “reforzar” a alcaldía da capital de provincia.

Segundo as mesmas fontes, trátase dunha proposta elaborada polas direccións galega e federal, que están “en contacto continuo” para confeccionar as mellores listas de face ao 28 de abril.

Para a cabeza de lista á Cámara baixa, o PSOE tivo en conta a experiencia de xestión de Ana Prieto no ámbito municipal, unida á súa traxectoria profesional e ao seu recoñecemento público. Actualmente ocupa a secretaría de Estudos e Programas na executiva liderada por Gonzalo Caballero.

Ademais, Ana Prieto foi unha das opcións apoiadas pola militancia nunha trintena de localidades da provincia e o seu perfil como tenente de alcalde e concelleira de Economía no Consistorio lucense, o máis grande da provincia, conferiulle vantaxe fronte a opcións como a de Sonsoles López Izquierdo, edila en Paradela. Estoutra aspirante, próxima á dirección provincial do PSOE, foi a máis apoiada na asemblea local de Lugo.

Pola súa banda, César Mogo, militante socialista no Valadouro, é un estreito colaborador do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, despois de desempeñar labores de xefe de gabinete do ministro de Presidencia Ramón Jáuregui. É licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía e é experto en temas de inmigración e emigración.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...

Morre unha muller atropelada por un tren nun paso a nivel en Rábade

Unha muller faleceu este martes pola noite tras ser atropelada nun paso a nivel en...

Un home enfróntase a 12 anos de cadea por abusos sexuais á súa curmá menor de idade

Un veciño de Xermade enfróntase a unha pena de prisión de 12 anos como...