InicioPolíticaO PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

Elena Candia puxo o seu "traballo, compromiso e dedicación" a disposición do partido

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a Alcaldía de Lugo de cara ás eleccións municipais de 2027 e puxo en valor a súa “coraxe, instinto político e moita vontade” para “sacar a Lugo da parálise” e do “bloqueo no que PSOE e BNG” mantiñan á cidade.

Así o manifestou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado durante a xunta directiva do PP local celebrada este xoves, da que informou a formación nun comunicado e na que sinalou que a decisión conta co respaldo de toda a formación e, principalmente, do presidente autonómico Alfonso Rueda.

“Cremos en Elena, na súa capacidade de traballo, no seu coñecemento do territorio e na súa vontade por mellorar a vida das persoas. É a persoa idónea para asumir este gran reto, a un ano das eleccións municipais”, engadiu o número dous dos populares galegos, que definiu ao PPdeG como un “partido transparente” que aposta por revalidar alcaldías.

“Representamos a unidade, a xestión, a estabilidade e a política útil, cun equipo que ten un papel moi importante nos concellos, o ámbito máis local”, sinalou para asegurar que os concellos son a “esencia” do que son, lugares polos que o PPdeG ten que traballar “desde as diferentes administracións”:

Referíndose a a actualidade de Lugo, referiuse á parálise e impedimento de prosperidade que imperaba na cidade durante anos de mandato da oposición. Con todo, “agora, por sorte, temos unha alcaldesa de Lugo que antes de entrar na Alcaldía sabía perfectamente cal era o seu plan de traballo para a cidade”.

UNHA “GRAN FAMILIA” FRONTE AOS “MINIPARTIDOS” DA OPOSICIÓN

Puxo en valor que Candia coñecese todas as necesidades dos veciños, así como o seu impulso a propostas reais para mellorar a calidade de vida de todos os lucenses. Despois de dous meses no cargo, Prado confirmou que a confianza depositada nela quedou demostrada, así como a do seu equipo no PP de Lugo.

“Sodes, con Elena á fronte, un motivo de orgullo para o PPdeG. Un equipo que colleu un Goberno nunha situación moi crítica e que está a se deixar a pel por mellorar a cidade e o futuro de Lugo”, dixo Prado. En contraposición co liderado do PP, criticou a “tira e afrouxa” doutros partidos, que “discuten por elixir os seus candidatos entre todos eses minipartidos que teñen dentro”, mentres que no PP van “todos a un tempo, sen reviravoltas e coa cabeza alta, como unha gran familia”.

APOIO UNÁNIME DO PP DE LUGO

O presidente do PP local, Ramón Carballo, destacou durante a reunión o seu apoio a Elena Candia, así como o do PP local. “Quero pedirlle que volva encabezar a candidatura á Alcaldía. Está a demostrar que é posible gobernar con diálogo, con xestión e cumprindo a palabra dada, e estamos convencidos de que é a mellor persoa para seguir liderando o futuro” da cidade, dixo.

Pola súa banda, Elena Candia puxo o seu “traballo, compromiso e dedicación” a disposición do partido. “Se en apenas dous meses fomos capaces de sacar adiante tantos proxectos e de demostrar que outra forma de gobernar é posible, imaxinade todo o que podemos facer por Lugo con catro anos máis”, manifestou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG de Lugo asegura que “os informes independentes desmontan o relato de descontrol” que levou a Candia á alcaldía

A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, puxo en valor os resultados...

A Deputación abre a vía para desbloquear a Casona do Incio

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, avanzou este martes que a institución...

O Concello de Lugo inicia o diálogo coas traballadoras do SAF de cara á mellora do servizo

O Goberno de Lugo mantivo unha primeira reunión co comité de empresa do Servizo...

A Deputación colabora co Agrocuir de 2026 para un rural diverso, libre e inclusivo

  A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou...