InicioPolíticaO PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra...

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

Os populares aprobarán coa súa maioría unha moción para avaliar de forma “urxente” o programa ÚNICO e redeseñar as políticas de conectividade nas zonas rurais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa do PP para “garantir” o acceso á telefonía móbil e á fibra óptica en toda a provincia de Lugo, así como a outros servizos de conectividade que se consideren tecnicamente convenientes. Trátase dunha moción, é dicir, dunha iniciativa non lexislativa, que os populares prevén aprobar no Senado grazas á súa maioría absoluta.

En concreto, o PP pretende instar o Goberno central a facer unha avaliación “urxente, rigorosa e transparente” das diferentes liñas de actuación do programa ÚNICO, incluíndo a súa execución orzamentaria, as incidencias detectadas, as responsabilidades administrativas e o impacto real no rural.

A formación reclama tamén redeseñar por completo as políticas de conectividade nas zonas rurais, incorporando tecnoloxías eficaces, servizos competitivos en prezo e velocidade e mecanismos de implantación que garantan unha conexión fiable e de calidade. O obxectivo, segundo recolle a iniciativa, é que tanto os fogares como as explotacións do rural conten cun acceso adecuado á telefonía móbil, á fibra óptica e a outros servizos de conectividade.

MÁIS COORDINACIÓN CO TERRITORIO

O PP pide ademais mellorar a coordinación coas comunidades autónomas e cos concellos, para que os programas estatais respondan ás necesidades reais do territorio. Neste sentido, os populares advirten da necesidade de non repetir “os erros de planificación, comunicación e execución” detectados noutros programas de extensión da conectividade.

A iniciativa sitúa así no Senado un problema especialmente sensible para a provincia de Lugo e para o conxunto do rural galego: a falta dunha conexión estable e de calidade, tanto para a vida diaria da veciñanza como para a actividade económica das explotacións e pequenas empresas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...