InicioPolíticaA Deputación inicia o estendido do aglomerado na rúa Filarmónica Lucense

A Deputación inicia o estendido do aglomerado na rúa Filarmónica Lucense

Carmela López recordou que “esta intervención responde a un compromiso que adquirimos co anterior Alcalde, Miguel Fernández, co obxectivo de colaborar na construción dunha cidade máis sostible, accesible e moderna”

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de iniciar este martes a repavimentación do firme da Rúa Filarmónica de Lugo co estendido do aglomerado en quente. Continúan así os traballos de acondicionamento desta vía, de titularidade provincial, que dá acceso a múltiples instalacións deportivas e á zona sur do Campus Lucense da USC. A institución provincial inviste preto de 100.000€ para a mellora desta zona que, ademais, soporta un importante tráfico diario.

Carmela López recordou que “esta intervención responde a un compromiso que adquirimos co anterior Alcalde, Miguel Fernández, co obxectivo de colaborar na construción dunha cidade máis sostible, accesible e moderna”.

Avanzou tamén que “estas obras son moi necesarias para reforzar a accesibilidade e incrementar a seguridade viaria nesta arteria con elevada afluencia de peóns, especialmente de seguidores do Ensino e do Breogán procedentes de Lugo, pero tamén de todo o conxunto da provincia”. Nese sentido, sinalou a mandataria provincial que “o prazo de execución destes traballos é de catro meses e unha vez rematados este será un espazo máis seguro, accesible e funcional para todos os usuarios e usuarias”.

Ovisa Pavimentos y Obras SLU é a empresa encargada de executar o proxecto que afecta a un treito de 540 metros. O estendido do aglomerado realizarase durante a xornada de hoxe e mañá, e, posteriormente, procederase ao repintado da vía mediante marcas reflexivas brancas e á reposición da sinalización vertical necesaria. Ademais, tamén se vai repintar a zona de aparcamento, ao carón do Pazo dos Deportes, e instalaranse pasos de peóns elevados.

Outros investimentos en Lugo

A Presidenta lembrou tamén investimentos recentes coa capital de provincia como o desdobramento da Avenida Infanta Elena, que contou con 2,4M€ de fondos provinciais; a rehabilitación da estrada que conecta o municipio lucense con Ponte de Ombreiro, a LU-P-2902, con máis de 210.000€; ou o proxecto que se está levando a cabo para acometer a renovación integral da Avenida Adolfo Suárez, un dos principais accesos á capital lucense pola zona da Fervedoira, e onde a institución provincial inviste nesta primeira fase máis de 170.000€.

+ posts

ÚLTIMAS

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...

O PP ve como “unha peaxe” o convenio de 2 millóns de euros entre Deputación e Concello de Monforte

O portavoz provincial do PP, Antonio Ameijide, pregunta a Carmela López se a achega...