InicioPolíticaAbstención do PSOE no Senado para pedir reforzo do persoal de Correos...

Abstención do PSOE no Senado para pedir reforzo do persoal de Correos na provincia de Lugo

O Senado pediu, coa abstención do PSOE, a adopción de medidas para reforzar o persoal de Correos na provincia de Lugo, "cubrindo todas as vacantes estruturais e garantindo un número de efectivos suficiente para prestar o servizo con normalidade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Senado pediu, coa abstención do PSOE, a adopción de medidas para reforzar o persoal de Correos na provincia de Lugo, “cubrindo todas as vacantes estruturais e garantindo un número de efectivos suficiente para prestar o servizo con normalidade”.

A iniciativa, que defendeu o popular José Manuel Balseiro, tamén demanda cubrir vacantes e dotar ás oficinas dos medios materiais e organizativos “adecuados para asegurar a regularidade, calidade e puntualidade do servizo postal universal”.

Na súa intervención, Balseiro cargou contra o Goberno central e en concreto contra o presidente Pedro Sánchez, a quen acusou de estar “a degradar a maior empresa pública de España”. “Converteu Correos noutro espazo de control político”, afirmou.

“Menos persoal, máis precariedade, máis atrasos, máis oficinas saturadas e peor servizo para os cidadáns. Especialmente no rural lucense”, advertiu.

“A SANIDADE IMPÓRTALLES MOI POUCO”

O socialista César Alejandro Mogo, que defendeu unha emenda que foi rexeitada, atribuíu “dramatización” ao PP, mentres Balseiro replicou que a iniciativa “nace das queixas reais de veciños e traballadores da provincia”.

“Que curioso que cando van ás oficinas de Correos non se fixan nos centros de saúde. A sanidade impórtalles moi pouco, a atención primaria galega (…) Menos contos e máis traballo”, respondeu o senador socialista.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...