InicioLugo e contornaLugoSenadores do PP lucense reclama cubrir prazas vacantes e reforzar o persoal...

Senadores do PP lucense reclama cubrir prazas vacantes e reforzar o persoal de Correos na provincia

Segundo trasladaron os populares nunha nota de prensa, "atrasos na repartición, acumulación de correspondencia, oficinas saturadas e carteiros desbordados" débense a "unha política de recortes encubertos, falta de planificación e ausencia de reforzos suficientes" por parte do Goberno.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O senador popular José Manuel Balseiro defenderá este martes na Comisión de Facenda do Senado unha iniciativa sobre a situación do servizo de Correos en Lugo na que reclamará ao Executivo central que cubra as prazas vacantes e reforce o persoal nas oficinas da provincia.

Segundo trasladaron os populares nunha nota de prensa, “atrasos na repartición, acumulación de correspondencia, oficinas saturadas e carteiros desbordados” débense a “unha política de recortes encubertos, falta de planificación e ausencia de reforzos suficientes” por parte do Goberno.

Así, Balseiro advertiu da “precariedade” do servizo de Correos que, tal e como denunciou, “rexistra atrasos na repartición do correo postal a veciños e veciñas de varios municipios, especialmente do rural, debido á escaseza de persoal”.

Nese sentido, defendeu un servizo postal “áxil” que garanta “entregas rápidas e seguras”.

Para o senador popular, as respostas do Goberno a preguntas formuladas polos senadores do PP lucense sobre a situación de municipios como Ribas de Sil, O Valadouro, Alfoz ou Trabada evidencian “unha preocupante redución de efectivos, vacantes sen cubrir e baixas que non se substitúen”.

Por todo iso, avanzou que instará o Executivo central a adoptar medidas para reforzar o persoal de Correos na provincia, cubrindo todas as vacantes estruturais e garantindo un número de efectivos suficiente para prestar o servizo con normalidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...