InicioPolíticaO PP local de Lugo denuncia "a crise sen precedentes" do goberno...

O PP local de Lugo denuncia “a crise sen precedentes” do goberno municipal

Os 'populares' de Lugo destacan que o "goberno de dous, PSOE e BNG, que vai a menso, perde apoios e impulsa proxectos que xeran máis problemas que solucións"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta Local do Partido Popular de Lugo analizou a situación actual do goberno municipal trala decisión da concelleira María Reigosa de pasar á condición de non adscrita, “unha determinación que respectamos e que responde ao seu ámbito persoal e político”.

Tanto a voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Elena Candia, como o presidente da Xunta Local, Ramón Carballo, coincidiron en que “estamos ante unha crise sen precedentes no goberno local de Lugo, que require unha reflexión profunda”.

Os ‘populares’ de Lugo destacan que o “goberno de dous, PSOE e BNG, que vai a menso, perde apoios e impulsa proxectos que xeran máis problemas que solucións”.  Entre os diferentes puntos que ven sen concretar está o Plano de Mobilidade aprobado sen consenso e “sen alternativas reais, que terá impacto negativo en todos os barrios”.

Sinal os “anuncios que non supoñen avances, como o do tren a Madrid, que na práctica o que nos supón é adiantar o horario dun tren que xa existe”, pero seguen “deixando a Lugo a cidade con peores conexións ferroviarias”. Tamén denuncian actuacións bloqueadas como o convenio de Serra de Meira, “que segue sen asinarse malia contar con financiamento da Xunta”.

Consideran o actual goberno local como un “bipartito máis preocupado do desgoberno interno que en solucionar os problemas da ciadanía”. E en relación a isto, tamén denuncian “a falta de liderado do alcalde, cunha forma de gobernar afastada da empatía e do diálogo, e unha actitude de desprezo cara á oposición e, polo que se está vendo, tamén cara a membros do seu propio equipo de goberno”

Acusan ao BNG de querer manter a súa cadeira “sen importarlle renunciar ao mandato que lle deron os seus votantes de liderar o goberno, en alusión a que Rubén Arroxo renunciou ata en 4 ocasións presentarse como candidato”. Lembran as palabras de Arroxo cando di que “en política hai que ter conciencia de grupo, está para dar el leccións cando a súa conciencia de grupo é pactar con Tomé e Carmela”

Por último engaden que “os grandes perdedores desta situación son os lucenses, que teñen un goberno débil, en minoría e que non atende as súas necesidades”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación e a FEGAMP alertan da “presión” da Xunta sobre os concellos coa nova lei local

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, recibiu este martes ao Presidente da...

O alcalde de Lugo nega crise tras a marcha de Reigosa: “Seguimos traballando”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, quitou relevancia este martes á situación na que...

O PPdeG sobre a reclamación do BNG á Xunta do memorando de Altri: “Estiran o chicle por interese”

O Grupo Popular tombou unha moción do BNG que reclamaba, entre outras cousas, instar...

María Reigosa pasa a ser concelleira non adscrita e deixa en minoría o goberno local de Lugo

A edil de Lugo María Reigosa comunicou este luns a súa decisión de abandonar...