InicioPolíticaO PP da Pobra do Brollón denuncia que o alcalde leva tres...

O PP da Pobra do Brollón denuncia que o alcalde leva tres meses sen convocar pleno

O voceiro do PP de A Pobra do Brollón, Teddy López, critica que esta forma de actuar está a estenderse por aqueles municipios gobernados por PSOE e BNG

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro do PP de A Pobra do Brollón, Teddy López, denuncia que o alcalde leva case tres meses sen convocar pleno algún xa que “o último que tivemos foi o 18 de decembro e dende entón non houbo ningún máis, a pesar de que ten que convocalo cada dous meses, tal e como se aprobou no pleno de organización”.

Teddy López critica que esta forma de actuar está a estenderse por aqueles municipios gobernados por PSOE e BNG xa que “tivemos conversas con compañeiros doutras localidades e comprobamos como tamén están a sufrir este tipo de decisións antidemocrácticas, que están a vulnerar os nosos dereitos e os de todos os veciños”.

O voceiro popular considera que o alcalde “non ten excusa e que todo apunta a que non convoca os plenos porque a realidade é que se atopa máis cómodo sen convocar os plenos municipais porque así boicotea parte da nosa labor de fiscalización e evita render contas e someter a control a súa xestión”.

Teddy López afirma que se trata dunha decisión que “pode chegar a paralizar a actividade municipal xa que hai decisións, como a aprobación ou non dos orzamentos, que se teñen que tomar no pleno”.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...