InicioPolíticaO PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar...

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, denuncia que neste acto José Tomé ocupou o lugar reservado para o representante da Deputación de Lugo, a pesar de que no evento estaba presente Pilar García Porto, voceira do goberno provincial

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e BNG de enviar a José Tomé como representante da Deputación de Lugo á presentación da Volta a España feminina, celebrada en Ribeira.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, denuncia que neste acto José Tomé ocupou o lugar reservado para o representante da Deputación de Lugo, a pesar de que no evento estaba presente Pilar García Porto, voceira do goberno provincial. “Vemos como claramente PSOE e BNG quitaron a careta e decidiron que Tomé saíse da sombra e pasase a ser a imaxe institucional da Deputación de Lugo”, criticou.

Neste senso, Antonio Ameijide afirma que “esta é a enésima provocación” de PSOE e BNG “ao permitir que un presunto acosador sexual sexa a imaxe institucional da Deputación de Lugo ocupando o lugar institucional das deputacións na presentación da Volta a España feminina”.

O voceiro provincial popular pregunta a Carmela López e a Efrén Castro “por que non acudiron a esta presentación e cederon a representación institucional a José Tomé”, ao que engade que “tamén habería que preguntar a Pilar García Porto por que, sendo a voceira do goberno, non realizou esa labor de representación institucional ocupando o seu lugar xunto aos outros presidentes de deputacións e representantes”.

Está claro que non hai auga que os lave, xa que, baixo ningún concepto, poden alegar descoñecemento xa que a persoa que encubriu os presuntos acosos durante meses estaba presente no evento”, afirmou.

Ademais, Antonio Ameijide ve como “outra provocación do PSOE” que Monforte e Antas de Ulla sexan inicio e final da mesma etapa. “É curioso que a cidade da que é alcalde o presunto acosador sexa inicio de etapa e a cidade da que é alcaldesa a persoa que o tapou durante meses sexa a meta”, subliñou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...

Piden máis de catro anos de cadea a un home por ameazas a dúas testemuñas que o denunciaron

Un veciño de Lugo de 55 anos enfróntase a máis de catro anos de...