InicioPolíticaO PP de Lugo non participou nos actos da Deputación polo 8M...

O PP de Lugo non participou nos actos da Deputación polo 8M por “branquear” a José Tomé

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, foi contundente ao cuestionar “a nula coherencia” de PSOE e BNG: “Hoxe cómpre preguntarse que pensaría Rosalía de Castro, referente das mulleres, de PSOE e BNG ao ver que venderon o feminismo por manter na Deputación a un acusado de presunto acoso sexual”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular da provincia de Lugo realizou hoxe a lectura dun manifesto con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres, de xeito independente ao institucional da Deputación de Lugo, unha decisión baseada na negativa a participar en actos de quen tratou de “branquear” a situación de José Tomé tras coñecerse que a Fiscalía se querelou contra el por un presunto delito de acoso sexual e abuso no exercicio da función pública.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, cuestionou “a nula coherencia” de PSOE e BNG: “Hoxe cómpre preguntarse que pensaría Rosalía de Castro, referente das mulleres, de PSOE e BNG ao ver que venderon o feminismo por manter na Deputación a un acusado de presunto acoso sexual”.

Ademais, Antonio Ameijide tamén dirixiu as súas críticas ao BNG: “Que pensaría Rosalía de Castro ao ver que Ana Pontón e Efrén Castro sacrifican os valores que din defender a cambio de manter a vicepresidencia, as áreas de goberno, os salarios e o coche oficial?”. 

O BNG pasou de defender o feminismo e ás mulleres a ser o cómplice necesario dunha situación extraordinariamente grave co único fin de manterse no goberno da Deputación de Lugo, son eles os que teñen a obriga moral e con todos os lucenses de facer públicos os acordos asinados para formar este goberno, acordos asinados entre PSOE, BNG e José Tomé”, afirmou.

Antonio Ameijide denunciou que, lonxe de apartar a José Tomé, o PSOE e o BNG premiárono “cunha desorbitada suba salarial” e permitíndolle manter a alcaldía de Monforte e a súa acta de deputado.

Lugo e as súas institucións merecen limpeza e dignidade”, destacou Ameijide, que tamén cuestionou o papel da actual presidenta da Deputación: “Que pensaría Rosalía de Castro ao ver que Carmela López permite que José Tomé tutele o goberno provincial dende a sombra, vixiando cada decisión e mantendo unha presenza que escurece a xestión da Deputación?”.

O voceiro provincial popular reivindicou un feminismo que non se someta a pactos de goberno nin a estratexias de supervivencia política. “Non cabe o silencio cando a xustiza sinala indicios tan graves no entorno do poder provincial”, conclúe, instando de novo a José Ramón Gómez Besteiro e a Lara Méndez a aplicar “a mesma vara de medir” que esixen aos demais e a deixar de amparar a quen hoxe está baixo a sombra da sospeita xudicial.

Antonio Ameijide tamén incidiu en que os dirixentes autonómicos e provinciais do PSOE “non fixeron nada cando a vítima lles pediu axuda ao poñer os presuntos feitos no seu coñecemento”, tal e como quedou probado, “tapando os feitos durante meses ata que transcenderon á opinión pública”. Agora, unha vez que a Fiscalía anunciou a súa intención de presentar unha querela contra Tomé, no PSOE sinalan que renuncian a actuar, “demostrando de novo que o seu único obxectivo é axudar a un presunto acosador”.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...

A Deputación destina dous millóns de euros para mellora de estradas e atender emerxencias en oito concellos

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento por...

Representantes do PSOE piden explicacións aos deputados do PP polo seu voto contra o escudo social

A deputada do PSdeG no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César...

O PP amplía a campaña informativa sobre o plan de mobilidade do goberno local de Lugo

O Grupo Popular ampliará a campaña informativa que está a desenvolver sobre o novo...