InicioMovementos sociaisReivindicación das mulleres como líderes e xestoras do cambio desde a Deputación

Reivindicación das mulleres como líderes e xestoras do cambio desde a Deputación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este venres na Praza de San Marcos no acto organizado pola institución provincial para conmemorar este 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, e que serviu para visibilizar o papel das mulleres como xestoras, líderes e impulsoras de igualdade e transformación social.

“O 8M é un día para reivindicar dereitos, pero tamén para lembrar que os avances que hoxe temos foron posibles grazas á loita e ao compromiso de moitas mulleres”, subliñou Carmela López durante o acto no que participaron numerosos empregados públicos e veciños e veciñas.

No evento procedeuse á lectura da declaración institucional aprobada, por unanimidade, no pasado Pleno de febreiro por todos os grupos políticos grupos representados na Corporación -PSdeG, BNG e PPdeG- e do deputado non adscrito. A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, foi a encargada de ler o documento, que baixo o título este ano estivo centrado nas mulleres que sosteñen a administración local, contribúen á cohesión territorial e garanten a prestación de servizos públicos, mesmo en situacións complexas como a pandemia ou a xestión dos fondos europeos Next Generation EU.

Carmela López subliñou tamén a importancia de continuar avanzando cara a unha igualdade efectiva e real, reafirmando o compromiso da Deputación de Lugo coa visibilización das mulleres nos espazos de participación e liderado. “Seguiremos traballando nesa dirección, convencidas de que avanzar na igualdade é avanzar cara a unha sociedade máis xusta”, afirmou.

Así mesmo, a Presidenta concluíu lembrando que “cando unha muller avanza, todas damos un paso ao fronte”, reforzando a aposta da institución provincial pola promoción de políticas públicas con perspectiva de xénero.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...