InicioPolíticaRepresentantes do PSOE piden explicacións aos deputados do PP polo seu voto...

Representantes do PSOE piden explicacións aos deputados do PP polo seu voto contra o escudo social

A deputada do PSdeG no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, critican a postura dos deputados 'populares' no Congreso e esixen "unha explicación aos e ás cidadás de Lugo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada do PSdeG no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, criticaron o voto en contra dos tres deputados do PP pola provincia de Lugo a diversas medidas impulsadas polo Goberno de España no Congreso incluídas no denominado escudo social. “Os tres deputados do PP por Lugo deben unha explicación aos galegos, e especialmente aos lucenses, polo seu voto en contra, o pasado xoves no Congreso, dos intereses de milleiros de persoas da nosa provincia”, aseguraron. 

Segundo explican, este posicionamento afecta a colectivos concretos e a recursos fundamentais para a comunidade. “Deben unha explicación ás persoas afectadas polos incendios forestais que este verán impactaron na nosa provincia e que agora terán que tributar no IRPF cando o Goberno pretendía eximilas. Tamén aos 72.000 autónomos galegos que non poderán beneficiarse dos novos límites que o Goberno establecía para a súa cotización”.

 Otero e Mogo tamén lembraron que o voto do PP impide que moitos fogares poidan continuar beneficiándose dos descontos vinculados ao bono social eléctrico e térmico. Ademais, advertiron de que esta decisión supón privar a Galicia de arredor de 9.000 millóns de euros en entregas a conta destinadas ao financiamento dos servizos públicos e ao benestar da cidadanía.

Os representantes socialistas indicaron que estas iniciativas forman parte das políticas sociais impulsadas polo Executivo central e que, ao seu xuízo, o voto dos deputados populares non foi só contra o Goberno: “Todas estas, e outras, son políticas do Goberno de España que conforman o chamado escudo social e fronte ás que os tres deputados do PP por Lugo, sumándose á extrema dereita e ao independentismo catalán, votaron en contra. Non o fixeron só contra o Goberno; fixérono, sobre todo, contra milleiros de lucenses que xa non poderán beneficiarse delas”.

 “As débedas dos deputados de Lugo en canto ás explicacións continúan medrando”, engadiron. Neste sentido, César Mogo lembrou que “o deputado Olano aínda debe unha explicación sobre o intento de fraude na votación da Lei de Economía Social no que se viu directamente implicado”.

 Do mesmo xeito, Patricia Otero sinalou que o deputado Francisco Conde “aínda lle debe ás e aos lucenses o documento dos seus compromisos inconfesables coa multinacional Altri e da súa participación no engano que se tentou consumar con esta empresa na nosa provincia”.

Ambos dirixentes reclamaron aos deputados populares que aclaren as razóns polas que, segundo indican, “sempre que teñen que escoller entre os intereses das e dos lucenses e a estratexia de confrontación do Partido Popular, nunca optan por defender Lugo”, concluíron.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. acusa ao Goberno de Lugo de exercer un “feminismo de pancarta”

A Unión Comarcal de CC.OO. de Lugo acusou este venres ao goberno local de...

A Deputación destina dous millóns de euros para mellora de estradas e atender emerxencias en oito concellos

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento por...

O PP de Lugo non participou nos actos da Deputación polo 8M por “branquear” a José Tomé

O Partido Popular da provincia de Lugo realizou hoxe a lectura dun manifesto con...

O PP amplía a campaña informativa sobre o plan de mobilidade do goberno local de Lugo

O Grupo Popular ampliará a campaña informativa que está a desenvolver sobre o novo...