InicioPolíticaO PP de Lugo denuncia a "paralización" da A-56 e reprocha ao...

O PP de Lugo denuncia a “paralización” da A-56 e reprocha ao Goberno que non achegue prazos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, volveron a denunciar a “paralización” da autovía A-56, que une Lugo e Ourense, e reprocharon ao Goberno que “non ofreza nin un só prazo nin compromiso concreto” para executar os tramos pendentes.

Nunha nota de prensa, os parlamentarios populares sinalaron que, tras recibir unha resposta do Executivo a unha pregunta rexistrada no Senado, constatan que o Goberno “limitase a dicir que os únicos tramos en servizo son os herdados de gobernos anteriores”, pero “cala sobre o resto do trazado e evita falar de obras futuras”. “Pedimos un calendario definido con previsións de execución e o Goberno responde con evasivas. Non hai datas, non hai proxectos en marcha e non hai investimento”, censuraron os senadores.

Ademais, lamentaron que esta autovía se atopa “exactamente igual que hai oito anos” e “o único que fixo o Goberno socialista foi inaugurar no ano 2020 un tramo na provincia de Ourense”. Para os populares, trátase de “un novo desprezo á provincia de Lugo”, xa que consideran a A-56 “vital” para vertebrar o territorio, así como para a economía e para a seguridade viaria.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...