InicioPolíticaO Concello amosa a súa "preocupación" ante o "atraso" na autovía Nadela-Sarria

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde fai un chamamento á Xunta para que impulse proxectos "fundamentais para mellorar as comunicacións, a mobilidade e o desenvolvemento económico".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa “profunda preocupación” polo novo “atraso” na execución da autovía Nadela-Sarria, unha infraestrutura que cualificou de “fundamental para o desenvolvemento económico e social da cidade e de toda a súa área de influencia”. Neste contexto, lembrou que esta obra tiña como data de conclusión 2026 e que, agora, “non estará finalizada, como mínimo, ata 2028”.

Así o manifestou despois de que o Consello da Xunta aprobase este luns definitivamente o proxecto de trazado para culminar a transformación do corredor Nadela-Sarria nunha vía de alta capacidade, que supón a última fase da autovía que unirá Lugo e Sarria. En concreto, o Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no tramo Nadela-A Pobra de San Xiao, ao seu paso polos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo, que suporá un investimento de 37,4 millóns de euros. Trátase da conversión en autovía do último tramo do corredor Nadela-Sarria (CG-2.2) para completar o desdobre.

Fernández lembrou que, incluso cumpríndose o prazo inicial, “ao que se comprometeu Alfonso Rueda, a obra chegaría tarde”, xa que “a conversión completa deste corredor en autovía acumula máis dunha década de atrasos, o que demostra a falta de vontade política da Xunta coa provincia de Lugo”. “Estamos a falar dunha vía estratéxica para a mobilidade, a competitividade económica e a cohesión territorial. Non é só unha autovía: é unha infraestrutura crave para garantir a igualdade de oportunidades dos lucenses“, sinalou o rexedor.

O alcalde lamentou que “a lentitude coa que a Xunta está a executar os traballos resulta incomprensible” e lembrou que, nos últimos trece anos, o Goberno galego só puxo en servizo 11 quilómetros de autovía na provincia, concretamente no corredor Lugo-Sarria, “que a día de hoxe segue inacabado e sen data certa para a súa conclusión”. Para Fernández, os datos son “tan claros como preocupantes” xa que acumulan máis dunha década de atrasos e investimentos mínimos “que impiden avanzar nunha infraestrutura esencial”. Ademais, advertiu de que a dotación orzamentaria prevista pola Xunta “resulta claramente insuficiente para un proxecto que debería ser prioritario e avanzar a un ritmo moito maior”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...