InicioPolíticaComeza a construción dunha rede de 30 camiños rurais na parcelaria de...

Comeza a construción dunha rede de 30 camiños rurais na parcelaria de Triabá, en Castro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o alcalde de Castro de Rei visitou este mércores as obras na parroquia de Triabá, Castro de Rei, que permitirán crear unha rede de 30 novos camiños rurais na zona de concentración parcelaria. Este proxecto conta cun investimento da Xunta superior aos 4,2 millóns de euros nun plan de financiamento ata 2028.

Así, acompañada polo alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, supervisou o inicio dos traballos, que están cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e inclúen a construción de canles de drenaxe, obras de paso e balsas de decantación.

Con estas obras habilitaranse máis de 27,6 quilómetros de novos camiños, ademais de 13 canles e outras actuacións de drenaxe transversal, a limpeza e reapertura dunha canle completamente desnaturalizada, e outras intervencións destinadas a mellorar a xestión da auga na zona. Estas actuacións enmárcanse dentro do Plan de Reestruturación Parcelaria, dotado en 2025 con 14 millóns de euros.

Gómez destacou que este investimento “supón unha mellora significativa” para unha parcelaria que abarca 1.163 hectáreas, distribuídas en 3.144 parcelas pertencentes a máis de 550 propietarios. A conselleira subliñou que este tipo de actuacións “son unha ferramenta crave para mobilizar terra agraria, combater o minifundismo, incrementar o valor das leiras e ampliar a base territorial das explotacións, contribuíndo ao mesmo tempo a reducir o abandono de terras”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pol recorda a figura de Fernando Ónega cunha misa á que asistiron 400 persoas

O municipio lucense de Pol, onde naceu Fernando Ónega, celebrou esta tarde unha misa...

O PSOE de Lugo denuncia que o 60% dos desbroces no rural están pendentes de realizar

O Grupo Municipal Socialista denunciou este sábado que Lugo inicia a segunda semana de...

Fernando Ónega xa é Fillo Adoptivo de Lugo que lle rende unha homenaxe institucional

O Círculo das Artes de Lugo albergou este venres o acto institucional de nomeamento...

Denuncian desfeitas no xardín da Fonte dos Ranchos causadas polo xabaril en Lugo

A Plataforma Veciñal Barrio da Residencia denunciou o estragamento da herba no xardín da...