InicioEconomíaA Deputación defende o contrato realizado co despacho de Montoro "porque era...

A Deputación defende o contrato realizado co despacho de Montoro “porque era a oferta máis barata”

Asegura que a documentación sobre o estudo, realizado en 2011, é "correcta" e figura nos arquivos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno da Deputación Provincial de Lugo recoñeceu este martes realizar pagos á empresa Equipo Económico S.L., involucrada na presunta trama de corrupción na que se investiga ao exministro popular de Facenda Cristóbal Montoro. Así, despois de transcender que hai pagos de administracións a esta empresa, entre elas a institución lucense entre os anos 2008 e 2011, este martes a Deputación explicou que se contratou a esta compañía no ano 2011 para a elaboración dun estudo dos factores favorecedores do emprendemento na provincia de Lugo.

Segundo detallaron, presentáronse tres empresas a este concurso, Novotec Consultores SA, PWC Asesores de Negocios e o propia Estudo Económico SL, que foi a que gañou “por ser a oferta máis barata”. O estudo foi realizado por esta empresa e entregado en tempo e forma, polo que a Deputación abonou a factura expedida por 34.220 euros, “que era o importe do contrato”, sinalaron. Estas mesmas fontes engadiron que o expediente é totalmente “correcto” e figura no arquivo da Deputación para a súa consulta e supervisión.

ÚLTIMAS

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente...

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...