InicioPolíticaO PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

Lara Méndez acusa á líder do PP de activar unha causa política baseada en anónimos falsos contra Besteiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e líder do PP na provincia, Elena Candia, pola súa “participación activa” na Operación Polbo, cuxa última peza foi arquivada tras 12 anos de instrución. A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou a Candia de activar unha causa “inxustificada” mediante a entrega de anónimos falsos coa intención de prexudicar politicamente aos socialistas, especialmente a José Ramón Gómez Besteiro. Xunto ao presidente do PSdeG lucense, José Tomé, avanzaron que presentarán mocións en concellos e na Deputación para pedir a súa dimisión.

A Operación Polbo, impulsada inicialmente pola xuíza Pilar de Lara, investigaba supostas irregularidades na Deputación de Lugo, entre elas a adxudicación dunha praza a unha presunta parella do xefe de Protocolo e o uso indebido de fondos públicos en programas como Km.0 e Lug02. Segundo o auto xudicial do 18 de xuño, non existen probas suficientes que confirmen relación sentimental entre os implicados no momento do proceso selectivo, nin apropiación indebida dos fondos investigados. Algunhas denunciantes mesmo se desdixeron ou non asinaron a denuncia inicial.

O maxistrado concluíu que as acusacións non superan o ámbito das sospeitas e decretou o sobresemento provisional e arquivo da causa, aínda que contra o auto cabe recurso. Mentres, o PSOE critica ao PP pola “instrumentalización partidista” das institucións e lamenta o “sufrimento causado” por unha causa que, segundo denuncian, naceu con fins políticos e sen base sólida.

ÚLTIMAS

Rescatan en Lugo a un can atrapado nunha xanela

Axentes da Policía Local rescataron en Lugo a un can que quedou atrapado na...

Pechada a piscina pública de Monterroso pola aparición de feces

A piscina pública de Monterroso foi cerrrada este luns sobre as 18.00 horas da...

Denunciados 118 condutores en Lugo por superar a velocidade permitida

Un total de 118 condutores foron denunciados en Lugo por superar a velocidade permitida,...

Falece o dramaturgo e actor lucense Manuel Lourenzo

O dramaturgo e actor lucense Manuel Lourenzo faleceu este domingo na Coruña aos 82...