InicioPolíticaO PP de Lugo acusa ao BNG de "cómplice" do PSOE co...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “cómplice” do PSOE co “illamento” da provincia

Antonio Ameijide apuntou que Lugo é a única provincia que non conta con alta velocidade e que as autovías seguen sen finalizarse

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz provincial popular, Antonio Ameijide, acusou aos representantes do BNG Antón Bao e Rubén Arroxo de “tentar rirse unha vez máis de todos os veciños da provincia de Lugo” ao pedir publicamente que o Goberno “se puxese a traballar para cambiar o illamento en materia de infraestruturas da provincia de Lugo”.

Así, o popular afirmou que foron eles os “cómplices necesarios” do Partido Socialista, tanto a nivel municipal, provincial e no Estado, “para que a provincia de Lugo chegase ao nivel de illamento no que nos atopamos”.

Ademais, Ameijide culpou aos nacionalistas de “amparar gobernos socialistas” tanto no Concello de Lugo, desde hai 26 anos, como nos últimos 18 na Deputación e o sete anos no Goberno central.

“En lugar de dar roldas de prensa reivindicativas teñen que ser reivindicativos en todas as administracións nas que teñen responsabilidades de goberno ou nas que asinan cheques en branco para manter a Pedro Sánchez na Moncloa o que, finalmente, condénannos a todos os lucenses”, afirmou.

Do mesmo xeito, lamentou que Lugo segue sendo a única provincia de Galicia e da contorna sen alta velocidade ferroviaria, “con estradas sen ningún tipo de mantemento”, lembrando que as autovías como a A-54 con Santiago, A-56 con Ourense, A-74 da Mariña ou a A-76 para unir Monforte con Ponferrada seguen sen finalizarse.

Tamén insistiu en que “ninguén no BNG está autorizado para esixir nada porque son corresponsables do illamento a todos os niveis”. “É indignante escoitar que pidan a ninguén que se poña as pilas despois de levar case 30 anos amparando todas e cada unha das decisións dos socialistas que levaron ao total illamento da provincia”, reiterou.

Nesta liña, culpou directamente a Rubén Arroxo, Efrén Castro e Néstor Rego de ser “absolutamente responsables da actual situación”, sen esquecer a Antón Bao, do que lembrou o seu papel como exconcejal e exvicepresidente provincial, “que tamén ten a súa responsabilidade porque nunca fixo nada por cambiar esta situación”.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...