InicioPolíticaO ex vicepresidente da deputación, Antón Bao, novo responsable local do BNG...

O ex vicepresidente da deputación, Antón Bao, novo responsable local do BNG de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exconcelleiro e profesor xubilado Antón Bao foi elixido responsable local do BNG de Lugo tras presentar a única candidatura ao organismo de dirección do Bloque en Lugo. Deste xeito, destacan os nacionalistas nunha nota de prensa, complétase o proceso de renovación dos organismos da fronte enmarcados nos traballos posteriores á Asemblea Nacional do BNG.

Na candidatura de Bao figuran o portavoz do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, e concelleiras e concelleiras na localidade, así como militantes vinculados a distintos sectores. “Afrontamos este novo período con ganas e forza para expandir o proxecto do BNG en Lugo”, explicou Antón Bao, que subliñou “a importancia” da militancia á hora de tomar decisións no partido.

Así, o Consello Local está formado por un total de 15 persoas, ás que se sumará a persoa elixida pola organización xuvenil do BNG, Galiza Nova. Ademais, Bao pasará a formar parte tamén do Consello Comarcal.

ÚLTIMAS

Unha colisión frontal en Láncara deixa varias persoas feridas

Unha colisión frontal entre dous vehículos deixou varias persoas feridas leves en Láncara durante...

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...