InicioPolíticaÁngel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José...

Ángel Pérez, aos seus 28 anos, perfílase para substituír a María José Gómez na alcaldía de Guntín

Ángel Pérez, actual concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez á fronte da alcaldía do municipio lucense tras o seu nomeamento como conselleira de Medio Rural do novo Goberno galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ángel Pérez, concelleiro de Deportes de Guntín, perfílase para substituír a María José Gómez á fronte da alcaldía do municipio lucense tras o seu nomeamento como conselleira de Medio Rural do novo Goberno galego. Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e árbitro da Real Federación Galega de Fútbol, Ángel Pérez, natural da parroquia de Santa Cruz da Retorta, recoñece que a noticia do salto da ata agora alcaldesa á Xunta colleuno “de sorpresa”, pero asegura que asume o seu novo papel como “un reto” e con “total ilusión”.

“A pesar da miña mocidade (ten 28 anos), tiven a gran sorte de estar este tempo á beira de María José e de José Carrera, que para Guntín son dous exemplos de tentar facelo o mellor posible”, manifestou Ángel Pérez en declaracións a Europa Press. Así, “seguir o camiño” dos seus dous predecesores é o obxectivo que se marca, lembrando que “hai moitos proxectos encamiñados” e que o importante é lograr “o mellor para os veciños”.

A ata agora alcaldesa, que tamén é senadora, xa presentou a súa renuncia por escrito no consistorio municipal e faltaría agora que faga o mesmo en pleno, segundo detallaron fontes consultadas por Europa Press. A continuación, deberase celebrar outro pleno no que a corporación municipal, conformada por 10 concelleiros do PP e un do PSOE, elixirá ao novo rexedor.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...