InicioPolíticaLugo, provincia onde o PSdeG aínda asoma a cabeza nun de cada...

Lugo, provincia onde o PSdeG aínda asoma a cabeza nun de cada tres concellos, agás na Mariña

O concello onde os nacionalistas obtiveron máis votos foi A Pobra do Brollón, onde sacaron un tímido 35,45 %. Ata en 25 concellos quedou por debaixo a formación de Ana Pontón do 20 % dos votos, co peor resultado en Ribeira de Piquín, onde caeu ata o 7,75 % dos votos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a mentalidade nin a cultura das zonas da costa coas zonas do interior, a daqueles pobos máis do rural coa dos máis próximos á cidade ou a dos concellos con máis poboación moza que a de aqueles nos que os maiores de 65 son os que seguen a darlle vida. E toda esta diversidade tamén se reflexa nas urnas. Á hora de votar, hai tendencias que se poden observar claramente en cada provincia e que dende Galicia Confidencial tratamos de detectar facendo unha análise exhaustiva dos datos das últimas eleccións autonómicas deste 18F concello a concello, para contarvos as curiosidades de cada provincia e explicarvos máis polo miúdo que é o que aconteceu nestes comicios nos que se agardaba un cambio que finalmente non chegou. 

En concreto, a provincia de Lugo ten unhas circunstancias moi particulares. Aínda que nela moitos pequenos municipios seguen apoiando aferrimamente ao PP, hai lugares nos que a distancia co BNG se reduce, circunstancia que se dá especialmente na Mariña lucense. Con todo, tamén hai que resaltar que os nacionalistas non tiveron o mesmo éxito nesta provincia que nas outras tres, pois 19 dos 67 concellos que a conforman (practicamente un de cada tres) apoiou como segunda forza ao PSdeG de Besteiro, quedando o BNG relegado a un terceiro lugar. Ademais, os socialistas só quedaron por debaixo do 10 % dos votos nun concello, cando nas outras provincias o fixeron nun abultado número (31 na de Ourense, 16 na de Pontevedra e 23 na da Coruña). 

O PP FOI VOTADO POR MÁIS DO 60 % DOS HABITANTES DE 18 CONCELLOS, CON ESPECIAL RELEVANCIA EN FRIOL

En concreto, todos os concellos da provincia de Lugo elixiron como primeira forza ao PP agás tres nos que o PSdeG se impuxo, xa por tradición: Negueira de Muñiz (onde o PSdeG sacou o 41,58 % dos votos fronte ao 32,67 % do PP); Pedrafita do Cebreiro (onde os socialistas obtiveron o 46,19 % dos votos fronte ao 39,56 % do PP); e Ribeira de Piquín (onde o PSdeG chegou ata o 50,53 % dos votos fronte ao 38,77 % do PP – o mellor resultado a nivel Galicia dos socialistas). Polo que respecta ao concello que máis votou ao PP de Alfonso Rueda, este foi Friol, onde chegou ao 73,80 % dos votos (fronte ao 12,77 % do BNG e ao 10,59 % do PSdeG). Tamén por enriba do 70 % quedou en Guntín (71,89 %). E por enriba do 60 % estivo noutros 16 municipios a maiores: A Pastoriza (65,56 %), Abadín (63,71 %), As Nogais (61,91 %), Baleira (61,27 %), Baralla (68,52 %), Begonte (66,03 %), Carballeda (68,34 %), Cospeito (60,26 %), Folgoso do Courel (61,72 %), O Saviñao (63,52 %), Outeiro de Rei (60,27 %), Palas de Rei (64,39 %), Paradela (68,05 %), Portomarín (67,56 %), Sober (64,71 %) e Triacastela (63,84 %). 

Así, podemos garantir que en 18 concellos o PP de Rueda foi votado por máis do 60 % dos habitantes. Pola contra, e tendo en conta que nas zonas de interior é onde o PP saca máis votos, tamén hai que destacar que houbo 19 concellos nos que o partido de Alfonso Rueda foi votado por menos da metade da poboación, obtendo menos do 50 % dos votos: A Fonsagrada, A Pobra de Brollón, A Pontenova, Burela, Foz, Lourenzá, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Valadouro, Ourol, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Taboada, Trabada e Viveiro. 

O BNG VEUSE SUPERADO COMO SEGUNDA FORZA POLO PSDEG EN 19 CONCELLOS E CAEU DO 20 % DOS VOTOS EN 25

Seguidamente, ao BNG de Ana Pontón atragantóuselle esta provincia, pois á súa solvente segunda posición en todo o territorio galego, veulle superar o PSdeG en Lugo. E é que nun total de 19 dos 67 concellos da provincia lucense a segunda forza foron os socialistas, en lugar dos nacionalistas: A Fonsagrada (onde o BNG sacou o 19,03 % dos votos fronte ao 37,67 % do PSdeG), A Pontenova (co 16,99 % fronte ao 31,66 %), Alfoz (co 21,96 % fronte ao 24,50 %), Antas de Ulla (co 10,58 % fronte ao 22,43 %), As Nogais (co 15,40 % fronte ao 19,54 %), Baleira (co 16,90 % fronte ao 19,79 %), Castroverde (co 18,72 % fronte ao 27,84 %), Cervantes (co 17,28 % fronte ao 27,82 %), Meira (co 16,10 % fronte ao 22,85 %), Navia de Suarna (co 18,54 % fronte ao 31,12 %), Negueira de Muñiz (co 24,75 % fronte ao 41,58 % – onde o PSdeG foi a primeira forza), Ourol (co 20,06 % fronte ao 29,03 %), Pedrafita do Cebreiro (co 11,92 % fronte ao 46,19 % – onde o PSdeG foi a primeira forza), Pol (co 21,59 % fronte ao 28,98 %), Portomarín (co 15,03 % fronte ao 15,15 %), Ribas de Sil (co 16,89 % fronte ao 31,18 %), Ribeira de Piquín (co 7,75 % fronte ao 50,53 % – onde o PSdeG foi a primeira forza), Trabada (co 9,74 % fronte ao 38,35 %) e Triacastela (co 14,64 % dos votos para o BNG e o 18,30 % para o PSdeG).

O concello onde os nacionalistas obtiveron máis votos foi A Pobra do Brollón, onde sacaron o 35,45 %, fronte ao 43,11 % colleitado polo PP e ao 14,39 % do PSdeG. Por riba do 30 % dos votos estivo tamén noutros 7 concellos da provincia de Lugo: Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Viveiro e Xove, é dicir, en todos os da Mariña Lucense, que foron os que máis apoio lle prestaron á formación nacionalista. Pola contra, ata en 25 concellos quedou por debaixo a formación de Ana Pontón do 20 % dos votos: A Pastoriza, Abadín, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Baralla, Begonte, Carballedo, Castroverde, Cervantes, Cospeito, Friol, Guntín, Meira, Navia de Suarna, O Saviñao, Palas de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Trabada e Triacastela. De feito, en Ribeira de Piquín foi onde os nacionalistas obtiveron menos apoios, co 7,75 % dos votos.

O PSDEG SÓ BAIXOU DO 10 % DOS VOTOS NUN CONCELLO: SOBER

Pola contra, os socialistas de Besteiro poden estar bastante contentos, dentro do que cabe e despois de ver os resultados finais coa desfeita do PSdeG no conxunto do territorio, coa provincia de Lugo. Tan só nun concello sacaron menos do 10 % dos votos: Sober, onde o PSdeG quedou no 9,96 % (fronte ao 64,71 % do PP e ao 21,42 % do BNG). E, como xa comentamos anteriormente, o PSdeG foi a segunda forza máis votada en 19 dos 67 concellos da provincia, é dicir, case nun de cada tres, superando así aos nacionalistas, que coparon a segunda posición en practicamente todo o territorio galego.

ÚLTIMAS

Tarxerta verde da UNESCO para o Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel que comprende os concellos de Ribas de Sil, Quiroga e...

O goberno de Lugo celebra o aval xudicial á demolición do Garañón

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, celebrou este mércores que as tres sentenzas que...

Lugo aproba inicialmente o novo plan de emerxencias municipal

O Executivo local aprobou inicialmente o novo plan de emerxencias municipal, un documento aberto...

Un operario resulta ferido tras ser atropelado por un camión nun tramo de obras da A-6 en Baralla

Un traballador do servizo de mantemento de estradas resultou ferido ao ser atropelado por...