InicioComarca da FonsagradaBaleiraOs socialistas de Baleira denuncian graves deficiencias no SAF do concello

Os socialistas de Baleira denuncian graves deficiencias no SAF do concello

"Moitas familias e usuarios desta prestación municipal puxéronse en contacto connosco para trasladar os recortes nas horas de asistencia nos domicilio", denuncian.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz socialista de Baleira, José Tellado, denunciou este luns as “graves deficiencias” que rexistra o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello este verán.

“Moitas familias e usuarios desta prestación municipal puxéronse en contacto connosco para trasladar os recortes nas horas de asistencia nos domicilios, sen ningunha explicación por parte do Concello e sen ningunha alternativa asistencial para atender aos afectados”, denunciou.

Nun comunicado, o socialista critica que o Goberno de Baleira foise de vacacións, “deixando sen atender” aos maiores. Neste sentido, asegurou que actualmente lle consta que hai un alto índice de traballadoras do SAF de baixa ou gozando das vacacións que lles corresponde por Lei.

Con todo, considera que o Concello ten que saber xestionar esta situación para seguir mantendo este servizo con todas as garantías, como fan outros consistorios, por exemplo, a través da creación dunha bolsa de emprego actualizada e con outras contratacións necesarias nestas quendas.

Ademais, advertiu que nestes momentos o traballo de coordinación do servizo está a ser realizando por unha traballadora do SAF, cando “non está contratada nin formada para facer ese labor”.

Por outra banda, o portavoz de Baleira criticou tamén a falta dun plan de mantemento das pistas municipais, que “seguen sen limpar a estas alturas da tempada, exceptuando a pista da parroquia na que reside o tenente de alcalde”. “Estas son as prioridades do PP de Baleira”, afirmou.

Por último, emprazou ao Goberno do PP de Baleira a axilizar axudas para os veciños afectados polos incendios do pasado mes de abril nos núcleos de Murias e A Cortevella. “Segundo as propias estimacións da Xunta, arderon 1.400 hectáreas, 1.100 delas de raso. Por iso, demandamos que se incentivas axudas, tanto para a replantación de superficie queimada, para os gandeiros, así como para os apicultores da zona, xa que se viron moi afectados ao arder as colmeas e a zona botánica”, remarcou.

ÚLTIMAS

Tres detidos tras desmantelar dous puntos de venda de droga en Lugo

A Policía Nacional detivo a semana pasada a tres persoas tras desmantelar dous puntos...

Ferido o condutor dun tractor tras caer por un desnivel nunha zona forestal de Becerreá

Un home resultou ferido este mércores tras unha caída desde un tractor, que acabou...

Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Lugo

Un motorista resultou ferido na tarde deste pasado mércores tras chocar contra un coche...

Investigados catro homes por roubar 250 metros de cable telefónico en Quiroga

A Garda Civil de Lugo investiga a catro veciños de Ponteareas como presuntos autores...