InicioPolíticaBNG e PSOE fracasan en Monterroso e A Pastoriza

BNG e PSOE fracasan en Monterroso e A Pastoriza

Terán alcaldes do PP ao non fructificar acordos entre os partidos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As localidades lucenses de Monterroso e A Pastoriza terán alcaldes do PP en minoría despois de que o resto de forzas políticas das súas respectivas corporacións non lograsen alcanzar acordos para gobernar.

En Monterroso, o popular Eloy Pérez será alcalde por primeira vez con tres concelleiros dos once que ten en total o consistorio ao ser a súa a lista máis votada nos comicios do pasado 28 de maio. En fronte, o PSOE contaba con outro tres concelleiros, Independentes por Monterroso (IxM), con dous; o Partido Galego (PG), outros dous; e o BNG, cun.

Durante as negociacións do resto de grupos políticos, especialmente entre PSOE, PG e BNG, tanto o concelleiro do Bloque como o Partido Galego mostraron o seu rexeitamento a apoiar ao candidato socialista, Antonio Gato, pero este rexeitou apartarse e este sábado todos cumpriron o prometido: Gato recolleu a súa acta de concelleiro e BNG e PG non apoiaron ao candidato do PSOE.

Ante esta situación, automaticamente o popular Eloy Pérez foi proclamado alcalde da localidade monterrosina, onde xa foi tenente de alcaldesa durante parte do anterior mandato que liderou a cabeza de lista nesta ocasión de Independentes por Monterroso, Rocío Seijas.

A PASTORIZA: FIN Á UNIÓN DE PSOE E BNG

Mesma situación deuse este sábado na Pastoriza. Alí, o PSOE e o BNG, que sumaban maioría entre os dous, non se puxeron de acordo e o candidato do PP, Darío Cabaneiro, foi proclamado como novo rexedor en minoría con cinco edís.

Socialistas e nacionalistas ostentaban a alcaldía do municipio da Terra Chá cun pacto que se estendeu durante os últimos 16 anos. Nas eleccións de 2019, o PSOE conseguiu catro concelleiros e o BNG, tres; pero agora os socialistas obtiveron os mesmos que o Bloque: tres.

Neste contexto, Primitivo Iglesias (PSOE) e Elva Carreira (BNG), que manifestaron durante este mandato numerosas diferenzas, non alcanzaron un acordo e finalmente o consistorio municipal quedou en mans dos populares.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O circo romano fixo vibrar ao Arde Lucus

Como cada ano, un dos momentos máis agardados da festa do Arde Lucus é o...

Coñece navegando o corazón da Ribeira Sacra

Os canóns do Sil son un dos monumentos naturais máis impresiontantes de Galicia. Son...

As vilas termais enxalzan en Guitiriz o potencial de Galicia, “principal destino termal de España”

A localidade luguesa de Guitiriz reuniu ás principais vilas termais galegas, que reivindicaron o...

Terá Lugo nova estación de tren e autovía a Santiago en 2025?

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, garantiu este venres en Lugo que...