InicioPolíticaCandia rexistra a renuncia á súa acta de concelleira en Mondoñedo

Candia rexistra a renuncia á súa acta de concelleira en Mondoñedo

Candia decidiu dar o paso definitivo de desvincularse do Concello de Mondoñedo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo e candidata na capital lucense nas eleccións do próximo 28 de maio, Elena Candia, rexistrou este venres a renuncia á súa acta de concelleira no Concello de Mondoñedo. Tras o rexistro da renuncia, a previsión é que esta sexa aprobada no pleno previsto para o vindeiro venres na localidade lucense, na que Candia iniciou a súa carreira política.

Nela foi alcaldesa, cargo que deixou no seu día para optar a unha acta no Parlamento de Galicia, ao que accedeu tras a última vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo e en cuxo órgano reitor –a Mesa– ocupa a Vicepresidencia Primeira.

Centrada na política municipal lucense desde meses atrás e ás portas de que se formalice a convocatoria electoral para os comicios de maio, Candia decidiu dar o paso definitivo de desvincularse do Concello de Mondoñedo, onde deixará de ser concelleira esta semana.

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun "modelo privatizador" nas residencias da provincia...

Condenada por trapichear con dous gramos de cocaína en Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e medio de cárcere a...

Detidos os dous membros dunha parella por agredirse mutuamente en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do martes aos dous membros dunha...

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...