InicioPolíticaPaula Prado enxalza as "novas ideas de ilusión" do candidato popular á...

Paula Prado enxalza as “novas ideas de ilusión” do candidato popular á Alcaldía de Cervantes

O candidato, Óscar Fernández, comprometeuse a "poñer en valor" o traballo dos colectivos veciñais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, mostrou este domingo o seu apoio ao candidato popular á Alcaldía do municipio lucense de Cervantes, Óscar Fernández, do que destacou as súas “novas ideas de ilusión e renovación” para a localidade.

Así mesmo, subliñou a importancia de que o candidato xa formase parte da lista do PP nas municipais de 2019 para “coñecer o funcionamento interno da corporación municipal”, así como para “intesificar os contactos cos veciños antes de dar o salto á Alcaldía”.

Nunha xornada de posta en valor do castro de Santa María de Cervantes, Prado tamén destacou que o candidato popular “está namorado de Cervantes” e, como bombeiro forestal, “sabe o que son e gústanlle os retos”. “A xente da Montaña lucense sabe que pode confiar en nós e por iso aquí estamos a conseguir atraer cada vez a máis persoas ao noso proxecto, un proxecto construído entre todos”, subliñou.

Pola súa banda, Óscar Fernandez comprometeuse a “pór en valor” o traballo dos colectivos veciñais, aos que trasladou o seu apoio para “continuar desenvolvendo actividades sociais” como elemento dinamizador do pobo.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...