InicioPolíticaO PPdeG lánzase á conquista de Lugo cidade e da deputación

O PPdeG lánzase á conquista de Lugo cidade e da deputación

Os populares centrarán os seus esforzos en recuperar as alcaldías da Fonsagrada e Rábade e, principalmente, a de Lugo para tentar cambiar o equilibrio de forzas na deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PPdeG comezou este 2023 coa firme intención de recuperar poder municipal e provincial. Os populares son o único partido galego que teñen xa presentado públicamente os candidatos aos 313 concellos e este domingo escenificaba xa o comenzo desta longa campaña electoral que durará case todo o ano, primeiro coas municipais en maio e probablemente en outubro ou novembro as xerais ao Estado. Un acto ao que acudía o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo.

E é que tanto o actual presidente galego como o anterior xóganse moito nestes comicios locais. O primeiro, para tentar superar as cifras de hai catro anos e gañar deputacións e grandes concellos co obxectivo posto nas autonómicas e o segundo porque quere vender en Madrid o éxito da súa xestión nestes últimos anos de cara a cita electoral de final de ano.

E cal é o gran obxectivo do PPdeG para os comicios locais?. Todas as fontes consultadas por Galicia Confidencial coinciden no mesmo: gañar dúas novas deputacións para poder gobernar en tres das catro e acadar as alcaldías de Lugo, Ferrol e Ourense, ademais de aumentar o número de concellos nos que gobernan actualmente. 

ESTRATEXIA DE CATRO NIVEIS

Un documento ao que tivo acceso Galicia Confidencial destaca que os populares centrarán os seus esforzos electorais en prazas significativas hoxe en mas principalmente do PSOE. Os populares teñen deseñado unha estratexia en catro niveis. Os dous niveis máis importantes teñen que ver cos concellos nos que  que están a un escano da maioría absoluta e os municipios nos que non gobernan pero son “prioritarios” para acadar alcaldías e deputacións.

Os outros dous niveis teñen que ver cos conocellos nos que o PP goberna en minoría e aqueles onde a maioría absoluta do PPdeG é “axustada” e está a un concelleiro ou concelleira de perdela.

Os municipios nos que o PP cre que pode volver gobernar son 14 e poderían cambiar tamén o equilibrio de forzas nas deputacións. Na provincia de Lugo son A Fonsagrada e Rábade. Por outra banda, os populares tamén centrarán a súa estratexia electoral en concellos que poden mudar os gobernos das actuais deputacións, como é o caso da de Lugo. Así, centrarán os seus obxectivos na propia capital provincial e en Monforte, Quiroga, O saviñao, Sober e Sarria.

OS CONCELLOS QUE O PP NON PODE PERDER
O documento sobre “as actuacións preferentes nas municipais” do PPdeG ao que tivo acceso GC tamén recolle niveis menos importantes nos que actuar. Entre eles, están o de incidir nos concellos nos que o PP goberna en minoría e nos que ten unha mairía absoluta “axustada”. Entre eles están O Corgo e Monterroso e Folgoso do Courel, O incio, Pantón, Triacastela e o Saviñao e menos importantes, Taboada, Portomarín, Chantada, Cospeito e Antas de Ulla. Toda a información en Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...