InicioPolíticaAlfonso Rueda pide aos populares da Fonsagrada "coller forzas" para facerse coa...

Alfonso Rueda pide aos populares da Fonsagrada “coller forzas” para facerse coa Alcaldía

Puxo en valor o seu labor como concelleiro e que ten "a experiencia" e "é coñecedor dos problemas que afectan o municipio e aos seus veciños".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, acudiu este sábado á XXVI edición da Feira do Butelo do municipio lucense da Fonsagrada, desde onde pediu aos populares da localidade “coller forzas” para facerse coa Alcaldía.

“Vendo desde que cheguei o ánimo da xente, como quedamos a tan pouco da Alcaldía, esta vez hai que tentalo en serio. Hai que coller todas esas forzas de cando quedamos tan preto e darlle para adiante”, reivindicou o líder dos populares galegos.

Segundo trasladou o PPdeG, Rueda realizou un percorrido polo recinto feiral e mostrou o seu interese pola historia da Fonte Sacra, situada xunto á igrexa de Santa María. Un monumento que, ademais de dar nome ao municipio, “garda un gran número de lendas e tradicións vinculadas á Ruta Xacobea”.

Xunto a Alfonso Rueda estivo o presidente da xestora dos populares da localidade, Bernardo Neno, do que puxo en valor o seu labor como concelleiro e que ten “a experiencia” e “é coñecedor dos problemas que afectan o municipio e aos seus veciños”.

Pola súa banda, Bernardo Neno, trasladou a Rueda que el e o seu equipo fixan entre as súas prioridades “resolver o problema de despoboamento na Fonsagrada”, así como a “deterioración acusada das infraestruturas e dos servizos públicos”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...