InicioPolíticaElena Candia destaca que o BNG se suma ao PP na petición...

Elena Candia destaca que o BNG se suma ao PP na petición de explicacións do derrube da A-6

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, insistiu este luns en pedir explicacións ao Goberno central polo derrube do Castro, na autovía da A-6, e asegurou que lle parece “ben” que os nacionalistas galegos “se somen” á petición dunha comisión de investigación.

“Levamos pedindo moito tempo”, manifestou Candia en relación á petición de culminar o arranxo e dar explicacións. Así, reclamou que, primeiro, se arranxe e que se explique; e, segundo, sinalou que “as explicacións viñeron tarde, mal e a rastro e non foron convincentes”. “A nós non nos convencen e parece que agora ao Bloque Nacionalista Galego tampouco“, observou.

Elena Candia subliñou que a situación “profunda na realidade da provincia, que é a peor comunicada de toda España, e nas necesidades de que se tomen en serio os compromisos con esta provincia”. “Tamén profunda na petición ao partido socialista de que faga valer, se o ten, o liderado político para mellorar as comunicacións e as infraestruturas con Lugo”, reivindicou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...