InicioPolíticaO PSOE lucense asegura que a falta de profesionais sanitarios afecta o...

O PSOE lucense asegura que a falta de profesionais sanitarios afecta o 80 % dos municipios da provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Socialista levará ao pleno da Deputación de Lugo unha iniciativa para solicitarlle á Xunta que articule un “plan de choque” para a atención primaria da provincia, co obxectivo de que este servizo sexa “de calidade” e chegue “ao conxunto dos lucenses, con independencia do seu lugar de residencia ou da súa idade”.

Esta moción, que se debaterá no pleno do martes, reclamará tamén ao Goberno galego que poña fin á “política de recortes de persoal” e “adopte as medidas necesarias para repor con moita brevidade o persoal nos servizos de medicina de familia, pediatría e persoal sanitario”.

Ademais, os socialistas esixen que se “atenda ás reclamacións dos doentes e ás organizacións profesionais á hora de deseñar o modelo de atención de urxencias pediátricas“, para evitar que a “falta de atención nos centros de saúde se traduza logo no colapso dos centros hospitalarios” polas patoloxías respiratorias propias do inverno.

Segundo o PSdeG-PSOE de Lugo, que goberna a Deputación xunto co BNG (polo que, previsiblemente, a iniciativa sairá adiante), a falta de profesionais na provincia “afecta aproximadamente ao 80 por cento dos municipios”.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o vacío de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...