InicioPolíticaRueda comprometese a apoiar o Museo da Romanización e avances na Rolda...

Rueda comprometese a apoiar o Museo da Romanización e avances na Rolda Este

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, comprometeu este luns á alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, o apoio da Administración autonómica para o Museo da Romanización, á vez que garantiu avances na Rolda Leste e outras infraestruturas programadas polo Executivo lucense na cidade da muralla.

Así o ratificaron ambos os dous dirixentes nunha comparecencia tras unha reunión que se prolongou durante case dúas horas e que transcorreu, segundo constataron, nun clima de “cordialidade”. Aínda que houbo cuestións nas que non houbo “consenso”, como a apertura do novo Auditorio, Rueda destacou que o encontro foi produtivo e que se apostou por ser “executivos” e prácticos.

“Este diálogo ten que seguir aberto”, dixo Rueda, mentres que Méndez incidiu no “clima de cordialidade” do encontro e que, malia a súa intensidade polo número de asuntos de relevancia local abordados, resultou ser “moi pragmático, fluído e áxil”.

Entre outras cuestións, Lara Méndez celebrou arrincar do presidente galego un acordo para contribuír a financiar o Museo da Romanización no cuartel de San Fernando.

“É un magnífico obxectivo que oxalá se poida converter en realidade”, dixo o presidente galego, quen esgrimiu que confía en que o Concello logre a subvención que demandou ao Goberno través dos Fondos Next Generation e que ascende a 12 millóns. “Se non se lograse, habería que ver as cantidades obtidas, e como podería complementar a Xunta”, dixo.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O circo romano fixo vibrar ao Arde Lucus

Como cada ano, un dos momentos máis agardados da festa do Arde Lucus é o...

Coñece navegando o corazón da Ribeira Sacra

Os canóns do Sil son un dos monumentos naturais máis impresiontantes de Galicia. Son...

As vilas termais enxalzan en Guitiriz o potencial de Galicia, “principal destino termal de España”

A localidade luguesa de Guitiriz reuniu ás principais vilas termais galegas, que reivindicaron o...

Terá Lugo nova estación de tren e autovía a Santiago en 2025?

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, garantiu este venres en Lugo que...