InicioTerra CháGuitirizManifestación dos veciños de Parga pola reapertura do centro médico apoiados...

Manifestación dos veciños de Parga pola reapertura do centro médico apoiados polo BNG

Na concentración, organizada pola plataforma veciñal 'Parga non se divide', a deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira, anunciou que o BNG presentará iniciativas na Cámara para "aclarar o futuro" do consultorio de Parga e a situación do persoal facultativo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG participou este domingo xunto aos veciños de Parga na concentración pola reapertura total do centro médico local e a recuperación dos servizos sanitarios do municipio.

Na concentración, organizada pola plataforma veciñal ‘Parga non se divide’, a deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Aira, anunciou que o BNG presentará iniciativas na Cámara para “aclarar o futuro” do consultorio de Parga e a situación do persoal facultativo.

Critican que os veciños aínda non coñecen os servizos cos que van contar, nin como vai ser o funcionamento do servizo no centro. “É indecente a lixeireza da Xunta coa nosa saúde e a vulneración do dereito á saúde. Hai que subliñar que este centro médico leva pechado máis de dous anos e os veciños de Parga merecen uns servizos sanitarios dignos e con todas as garantías”, defendeu.

Doutra banda, a formación nacionalista instalou na feira deste domingo en Meira unha mesa informativa e de recollida de firmas para apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular pola Atención Primaria da plataforma SOS Sanidade Pública.

Nela participaron a deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, acompañada polo concelleiro do BNG en Meira, Felipe Neto, e diversos militantes e simpatizantes da organización na localidade.

Esta ILP demanda impulsar medidas urxentes para fortalecer os servizos de atención primaria como a eliminación das listas de espera, garantir a presencialidad ou mellorar a estrutura e o funcionamento dos centros de saúde.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...